Informe favorablemente da Xunta sobre o proxecto de Adif para a mellora da liña de tren entre Monforte e Ourense

O informe precisa que o proxecto non se localiza en ningún espazo natural protexido nin afecta a Rede Natura 2000.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/02/2019 | Actualizada ás 16:37

Comparte esta noticia

A Consellería de Medio Ambiente emitiu informe favorable para a reparación por parte de Adif dos noiros na liña ferroviaria entre Monforte e Ourense, ao seu paso polos concellos de Coles, Ourense e A Peroxa. Adif solicitara á Dirección xeral de Patrimonio Natural a autorización necesaria para levar a cabo a estabilización dos noiros de once trincheiras da vía da citada liña, na que se produciron derrubes.

Os traballos, que se efectuarán entre os puntos quilométricos 34+750 e 43+220, teñen como obxectivo restituír os parámetros de estabilidade e seguridade óptimos, así como evitar a deterioración das infraestruturas.

O informe precisa que o proxecto non se localiza en ningún espazo natural protexido nin afecta a Rede Natura 2000. Tampouco se aprecia incidencia sobre especies pertencentes no catálogo galego de árbores singulares.

A Xunta incide en que "demandou a mellora das conexións ferroviarias na comunidade galega, entre elas, a modernización da liña entre Lugo e Ourense", para proporcionarlles aos cidadáns uns servizos "máis eficientes, competitivos e mellor adaptados ás súas necesidades".

Unha lína AVE. ADIF - Archivo
Unha lína AVE. ADIF - Archivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta