O PP de Ferrol critica a adxudicación para a reforma da Praza de Armas "a 88 días das municipais"

A concelleira Martina Aneiros estimou que esta decisión "é unha falta de respecto aos cidadáns, unha desvergoña máis de Suárez, que ten a pouca vergoña de dicir que se trata dun fito histórico".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/02/2019 | Actualizada ás 17:26

Comparte esta noticia

A portavoz do grupo municipal do Partido Popular no Concello de Ferrol, Martina Aneiros, acusou ao alcalde desta cidade, Jorge Suárez (FeC), de "falta de ética" porque "a 88 días das eleccións municipais adxudicou as obras de remodelación da praza de Armas e ameaza co inicio das mesmas en 15 días".

Nunha comparecencia ante os medios de comunicación no Concello ferrolán, a popular estimou que estas son "unhas obras que non contan co respaldo maioritario dos ferroláns, así o demostraron nunha consulta á que Suárez fixo caso omiso, dando as costas á participación cidadá". Tamén declarou que "máis de 20 entidades manifestaron a súa oposición a este proxecto". Martina Aneiros estimou que esta decisión "é unha falta de respecto aos cidadáns, unha desvergoña máis de Suárez, que ten a pouca vergoña de dicir que se trata dun fito histórico".

"CASTIGO" AOS VECIÑOS

A portavoz do grupo municipal do PP tamén trasladou que "todos estes incumprimentos non son máis que un castigo a veciños e residentes", e que a adxudicación desta actuación a unha Unión Temporal de Empresas (UTE) "só responde a un afán electoralista, xa que non cumpriu en catro anos nin unha soa das súas promesas electorais, agora véñenlle as présas e para poder dicir que fixo algo ameaza con iniciar esta obra que non a vai a ver terminada".

Por parte do grupo maioritario na corporación ferrolá --con 11 dos 25 edís--, tamén se trasladaba que "é moi triste que mentres Suárez sente euforia pola adxudicación destas obras, os veciños senten preocupación, descontento e incerteza e temen que se converta nunha nova praza de España" A preguntas dos medios de comunicación sobre se estimaba que os traballos se podían iniciar nun prazo de 15 días, Aneiros aseverou que "non" cre "que as obras se poidan comezar en 15 días". "E espero que non comecen, para que non lastren o futuro de Ferrol", concluíu.

Rolda de prensa do PP de Ferrol
Rolda de prensa do PP de Ferrol | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta