A CIG esixe "unha actuación contundente" á Xunta para evitar o ERTE "fraudulento" en Ferroatlántica

Segundo o sindicato o expediente "viría confirmar que o ERTE é un castigo ás plantas galegas por non conseguir que a Xunta autorizase a segregación e venda das centrais".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/02/2019 | Actualizada ás 19:04

Comparte esta noticia

A CIG esixe á Xunta de Galicia "unha actuación contundente" para evitar que Ferroatlántica faga efectivo o expediente de regulación de emprego temporal (ERTE) "fraudulento". Alude ao ERTE que na madrugada deste martes acordou a empresa cos sindicatos CC.OO., UGT e USO, do que se descolgou a central nacionalista ao non ver "garantías" de mantemento da actividade industrial.

Nun comunicado, a CIG lembra que Ferroatlántica "goza de concesións públicas para a explotación de minas e centrais hidroeléctricas en Galicia". E mostra a súa sorpresa por "a noticia de que a planta de Santander queda fóra da regulación, xa que ao longo desta semana estará ao 100% da súa capacidade produtiva".

Esta información, indica, "incrementa a preocupación e a confusión do persoal sobre o futuro das fábricas da Costa da Morte e de Sabón" e engade que "viría confirmar que o ERTE é un castigo ás plantas galegas por non conseguir que a Xunta autorizase a segregación e venda das centrais".

Fábrica de Ferroatlántica en Cee. REMITIDA - Archivo
Fábrica de Ferroatlántica en Cee. REMITIDA - Archivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta