Adxudicada a asistencia e control das obras de superestructura do tramo Pedralba-Ourense por catro millóns

Adif Alta Velocidade adxudicou cinco contratos de consultoría e asistencia para o control de obras de superestructura na liña de alta velocidade Madrid-Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/02/2019 | Actualizada ás 19:26

Comparte esta noticia

Adif Alta Velocidade adxudicou cinco contratos de consultoría e asistencia para o control de obras de superestructura no tramo Pedralba de la Pradería-Ourense da liña de alta velocidade Madrid-Galicia.

Os contratos, por un importe global de algo máis de 4,027 millóns de euros, servirán para proporcionar asistencia, en primeiro lugar, á montaxe de vía entre Pedralba de la Pradería e Campobecerros e entre Campobecerros e Taboadela.

Tamén irán en parte para a execución de proteccións acústicas no tramo Pedralba-Taboadela, para a implantación de ancho estándar (1.435 mm) no tramo de rede convencional en servizo Taboadela-Ourense e para a instalación de liña aérea de contacto e sistemas asociadosentre Pedralba e Ourense.

Por último, a adxudicación tamén incumbe á construción do cambiador de anchos de Taboadela, montaxe de vía no ramal de conexión entre a liña convencional e a de alta velocidade e remodelación da estación de Taboadela.

AVE a Galicia. EUROPA PRESS - Arquivo
AVE a Galicia. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta