Javier Losada anuncia que o Executivo central ten disposición para dialogar sobre as competencias de tráfico

O PPdeG consideran que existen "outras prioridades" para o "autogoberno de Galicia" á marxe das competencias en seguridade viaria.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 27/02/2019 | Actualizada ás 20:14

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, manifestou que o Executivo estaría disposto a dialogar sobre a posible transferencia das competencias de tráfico a Galicia. "O Parlamento fixo as súas propostas e o Goberno está para escoitar, para cooperar e colaborar se a Xunta establece que quere falar de competencias". "Estaremos a disposición na comisión bilateral", engadiu.

O delegado do Goberno fixo estas manifestacións despois de que a abstención do Grupo Popular permitise este martes a aprobación por parte do Parlamento de Galicia do inicio da tramitación da lei para a transferencia das competencias de tráfico e seguridade viaria desde o Estado á Administración autonómica.

A lei, presentada polo PSdeG, saíu adiante cos votos favorables dos grupos da oposición e a abstención dos deputados do PPdeG, que xustificaron a súa postura de "non obstaculizar" a tramitación da lei a pesar de que consideran que existen "outras prioridades" para o "autogoberno de Galicia".

Javier Losada, delegado do Goberno. Europa Press - Archivo
Javier Losada, delegado do Goberno. Europa Press - Archivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 lóstrego

A metrópole non negocia nin fai concesións ás colonias, señor delegado.