O CIS aumenta a vantaxe do PSOE sobre o resto de partidos e dá un retroceso a En Marea

Os socialistas aumentarían até o 33,3% dos votos e a formación galega baixaría do 1% ao 0,6%. A enquisa frea o ascenso de Ciudadanos e Vox.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 28/02/2019 | Actualizada ás 13:29

Comparte esta noticia

Se as eleccións xerais se celebrasen hoxe, o PSOE gañaría co 33,3% dos votos, fronte ao 29,9% que obtiña en xaneiro, unha suba que ampliaría a vantaxe dos socialistas fronte o resto de forzas políticas.

Urnas
Urnas

No caso de En Marea, logo de subir até o 1% dos votos en xaneiro, sufriría unha importante caída, até o 0,6%, retrocedendo logo de saberse que Podemos Galicia, Anova e Esquerda Unida traballaban na creación dunha forza alternativa á que lidera Luís Villares.

A caída de En Marea é paralela á de Unidos Podemos, que trala guerra aberta entre Pablo Iglesias e Íñigo Errejón caería case un punto, do 15,4 ao 14,5%, e volvería ocupar a cuarta posición. 

Son os datos da última enquisa do CIS (Centro de Investigaciones Sociológicas), que frea o ascenso de Ciudadanos e do partido de ultradereita Vox rexistrados os últimos meses. En concreto, dá unha caída de Ciudadanos de 2,4 puntos (pasaría do 17,7% de xaneiro ao 15,3% de agora), mentres que Vox baixaría do 6,6% ao 5,9%.

Este retroceso dos laranxas e da ultradereita beneficiaría tamén ao PP de Pablo Casado, que volve recuperar a segunda posición ao pasar do 14,9% de xaneiro ao 16,7% deste mes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta