O Goberno transferirá 161 millóns de euros á Xunta para políticas activas de emprego

Así o avanzou o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, durante a súa visita a unhas instalacións do grupo Cegasal. Sobre esta compañía destacou que é o "grupo empresarial galego máis importante de economía social"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/02/2019 | Actualizada ás 14:06

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, avanzou que "nos primeiros meses" de 2019 o Goberno central transferirá 161 millóns de euros á Xunta para desenvolver políticas activas de emprego.

"A prioridade destas políticas activas é mellorar a empregabilidade dos mozos, garantir a efectiva implantación da Garantía Xuvenil e favorecer a empregabilidade doutros colectivos vulnerables como son os parados de longa duración", indicou Losada.

O delegado do Goberno efectuou este anuncio durante a súa visita este mércores en Oleiros (A Coruña) ás instalacións de Fornos Lamestelle, empresa que pertence ao grupo Cegasal, a Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego sen Ánimo de Lucro.

Alí, Losada resaltou que "a loita contra a precariedade laboral e a mellora de calidade do emprego" constitúe "un obxectivo estratéxico" para o Goberno central e, como exemplo diso, citou a subida do salario mínimo ou os contratos de substitución.

INTEGRACIÓN LABORAL

Na súa visita a Fornos Lamastelle, na que Losada estivo acompañado polo presidente de Cegasal, José Antonio Vázquez, e o seu xerente, Manuel Santos; o delegado dignificou o "exemplo desde Galicia para toda España" desta empresa que dá emprego a persoas con discapacidade "e que é capaz de ser rendible e garantir unha calidade na súa actividade".

"Faino dando un servizo á sociedade, demostrando que todos somos iguais, que as discapacidades non son unha barreira, senón ao contrario", subliñou o delegado do Goberno na Comunidade galega.

Pola súa banda, José Antonio Vázquez resaltou que Cegasal, que conta con 28 centros especiais en Galicia que dan emprego a máis de 1.350 persoas e que factura anualmente 35 millóns de euros, constitúe o "grupo empresarial galego máis importante de economía social".

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, visita Fornos Lamestelle. DELEGACIÓN DO GOBERNO
O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, visita Fornos Lamestelle. DELEGACIÓN DO GOBERNO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta