Estas son as empresas galegas máis sustentables

O estudo tomou como base seis indicadores: a internacionalización, as emisións de CO2, a igualdade de xénero nos postos directivos, os salarios, a innovación e a rendibilidade financeira.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 28/02/2019 | Actualizada ás 14:54

Comparte esta noticia

Un total de 25 empresas foron incluídas no ranking de Empresas Intelixentes de Galicia, que engloba a aquelas que presentan un crecemento económico sustentable e inclusivo. Trátase dos resultados obtidos da realización do primeiro estudo desta clase realizado a nivel autonómico. Segundo isto, a lista encabézaa a fabricadora de produtos electrónicos Marine Instruments. 

Presentación do primeiro ranking de Empresas Intelixentes de Galicia
Presentación do primeiro ranking de Empresas Intelixentes de Galicia | Fonte: Europa Press

O informe, que foi presentado este xoves en Vigo en rolda de prensa, foi elaborado polo servizo de coñecemento dirixido a empresas da Zona Franca ARDÁN ao longo de 2018. Para iso, tomou como mostra ás 600 empresas galegas que rexistraron unha maior produtividade no últimos cinco anos.

RESULTADOS

O catedrático da UVigo concretou que os resultados revelaron que as empresas mellor situadas no ranking proporcionan unha rendibilidade cinco veces maior que a mediana do seu sector, unha remuneración aos seus empregados un 63 por cento máis elevada que a media da súa área. Tamén dedican un 3,7 por cento da súa facturación a I+D+i e triplican o investimento en investigación das que ocupan o mesmo nicho de mercado.

Así mesmo, estas compañías rexistran a terceira parte das súas vendas no exterior e as mulleres supoñen o 35 por cento dos seus órganos de dirección. Nesta liña, Vázquez engadiu que xeran unha produtividade 8,4 veces maior por cada tonelada de CO2 emitida que as súas competidoras.

Respecto destes datos, destacou que mostran a "viabilidade futura" dunha empresa que, na súa opinión, non debe ser medida simplemente en relación aos seus indicadores económicos, senón tamén en canto á súa capacidade de evolucionar e ser sustentable.


En concreto, ademais de Marine Instruments, o ranking compóñeno, nesta orde, as seguintes compañías: Rodicut Industry, Polirros, Harinas y Sémolas del Noroeste, Componentes de Vehículos de Galicia, Kusilas, IVI Vigo, Santos Equipamiento de Interiores, Drogas Vigo, Chymar e Plymouth Rubber Europa.

Así mesmo, entre as 25 Empresas Intelixentes inclúense Gestora de Subproductos de Galicia, Marcelino Martínez, Bopapel, Casper Dos, Conservas Cerqueira, Frigorífica Botana, Hermanos Galdo, Kauman, CTAG-Idiada Safety Technology, Construcciones Mecánicas de Galicia, Construcciones Rafer, Cafés Candelas, Gerosalud e Industrias Proa.

PROCEDEMENTO

O estudo tomou como referencia a aquelas compañías galegas cunha maior produtividade nos últimos cinco anos. Deste xeito, unha vez eliminadas as 100 cuxa variación económica era maior, procedeuse a analizar distintos aspectos relacionados coa xestión dos intereses enfrontados dos empregados, os directivos, os accionistas e a sociedade. En concreto, o estudo realizouse con datos facilitados polas empresas, segundo detallou o catedrático da Universidade de Vigo (Uvigo) Xosé H.Vázquez na presentación.  Polo tanto, aquelas que non os facilitaron ou que o o fixeron dun modo desagregado non puideron integrarse no ranking.

As entidades analizáronse cun algoritmo que as puntuaba de acordo con seis indicadores: a internacionalización, as emisións de CO2, a igualdade de xénero nos postos directivos, os salarios, a innovación e a rendibilidade financeira. Vázquez detallou que, para formar parte do ranking de Empresas Intelixentes, as compañías debían "alcanzar un equilibrio" entre polo menos tres do seis parámetros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta