O alcalde da Coruña acusa o PP de seguir unha "estratexia dilatoria" na cesión do cárcere

A ampliación da querela provoca o adiamento da declaración da concelleira Claudia Delso, prevista para este venres.

Por E.P. | A Coruña | 28/02/2019 | Actualizada ás 16:28

Comparte esta noticia

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, acusou o Partido Popular de seguir unha "estratexia dilatoria" ao ampliar a querela presentada sobre a cesión da antiga prisión a Proxecto Cárcere pedindo que se investigase a máis membros do goberno local.

Actividades culturais no antigo cárcere da Coruña
Actividades culturais no antigo cárcere da Coruña | Fonte: Tamtampress.es

Ferreiro explicou que as "argucias" do PP —en referencia á ampliación da querela— provocou o adiamento da declaración prevista para este venres da concelleira Claudia Delso.

O alcalde asegurou que o PP está "a facer o ridículo" ao igual, dixo, que no caso dos pisos. "Creo que na desesperación, e seguramente prevendo o arquivo no asunto do cárcere, están a utilizar unha estratexia dilatoria", acusa aos populares.

Ferreiro cualificou de "lamentable" o uso da administración de xustiza por parte do PP: "Non está para as estratexias electorais do PP".

Con todo, o rexedor herculino espera que "canto antes" Claudia Delso poida ir declarar e, desta forma, "quede todo aclarado e arquívese a causa". Unha situación que o rexedor cre que "previsiblemente ocorrerá unha vez declare Claudia Delso".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta