O BNG propón a creación dun banco público de vivendas para aluguer na Coruña

Francisco Jorquera di que o prezo do aluguer na cidade "equivale ao 40% da renda media".

Por E.P. | A CORUÑA | 28/02/2019 | Actualizada ás 16:45

Comparte esta noticia

O candidato do BNG á Alcaldía da Coruña, Francisco Jorquera, apostou pola creación dun banco público de vivendas para aluguer que facilite o acceso á vivenda na cidade herculina onde, di, o prezo do aluguer "equivale ao 40% da renda media".

A Coruña
A Coruña

Así o manifestou tras manter, xunto coa portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, un encontro cun grupo de expertos e persoas afectadas pola especulación coa vivenda.

Jorquera lembrou que o BNG levará no seu programa a creación dun banco de vivendas para o aluguer xunto ao incremento de recursos para a rehabilitación de vivendas destinadas a este fin.

"Un dos compromisos que adquire o BNG de cara ás próximas eleccións municipais é que os concellos onde teñamos a responsabilidade de gobernar sexan concellos que poñan no centro o dereito á vivenda", afirmou Pontón.

REHABILITACIÓN VIVENDAS

Ante a suba de prezos nos alugueres como ocorre na cidade herculina, os nacionalistas instan á Xunta a pór en marcha unha "política de vivenda que poida incidir no prezo", posto que "teñen mecanismos para facelo".

Así, propñen crear "unha empresa pública para xerar vivenda de aluguer", reclamar pisos ao Sareb ou tamén, opina, poderíanse destinar fondos para a rehabilitación de vivendas desocupadas. Das 300.000 vivendas desocupadas que hai en Galicia, o 75% están en mal estado, sinala.

Pontón lembrou a aposta por "incentivos fiscais" para motivar a que se poñan estas vivendas en aluguer e, por último, lembrou a proposta do BNG de "crear un imposto para as vivendas baleiras".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta