Atopan o corpo dun home que vivía só e que levaba falecido varias semanas na súa casa en Carnota

Un veciño alertou de que pasara varios días sen velo

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/02/2019 | Actualizada ás 18:36

Comparte esta noticia

A policía local de Carnota localizou no interior da súa vivenda na zona de Lira o corpo dun home de 72 anos, sen signos aparentes de violencia, que levaba falecido máis de dúas semanas.

Un axente da Policía Local durante unha actuación
Un axente da Policía Local durante unha actuación | Fonte: PL

Trátase dun septuaxenario que vivía só e que non tiña moita relación co resto dos veciños. Con todo, foi un habitante da zona quen avisou os axentes tras pasar varios días sen avistalo.

A policía entrou na casa por unha xanela e atopou alí o cadáver. A pesar de que o corpo se atopaba en avanzado estado de descomposición, a policía local cre que a morte puido producirse por causas naturais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta