A Xunta sostén que "non hai discriminación" entre colectivos para optar ao servizo de loita contra o lume

O BNG critica unha baremación "desigual e arbitraria", con prexuízo para traballadores como os de Seaga.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/02/2019 | Actualizada ás 20:22

Comparte esta noticia

O director xeral de Ordenación do Monte, Tomás Fernández-Couto, sostén que "non hai discriminación algunha" entre colectivos para optar a postos do servizo de loita contra o lume. Así o contestou na comisión de Agricultura en resposta a unha pregunta do BNG, na que o grupo nacionalista criticou unha baremación "desigual e arbitraria", con prexuízo para traballadores como os de Seaga. Por iso, pregunta por que bombeiros forestais que desempeñaron o mesmo traballo pero de distintas procedencias teñen diferente puntuación.

Protesta de Seaga ante a Xunta. En Marea
Protesta de Seaga ante a Xunta. En Marea

En resposta, o responsable de Defensa do Monte xustifica que os baremos son establecidos entre os sindicatos e a Xunta no marco da comisión de persoal da Administración galega.

O director xeral defende que as puntuacións son legalmente establecidas para a incorporación de persoal á Xunta, de forma que se contabiliza a súa experiencia acreditada en postos semellantes, xa sexa en empresas públicas ou noutras administracións.

Neste sentido, Fernández-Couto puxo en valor a reestruturación do servizo antincendios que se busca en prol dun dispositivo público e coordinado baixo un mando único. Entre estes cambios, lembra que se atopa a ampliación dos contratos para fixos descontinuos que eran inicialmente contratos por tres meses, en 2018 aumentou a catro meses, en 2019 será de cinco meses e en 2020 chegará a medio ano.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta