Alfredo Llano, alcalde de Burela: "A Mariña ten que ter voz na Cámara Alta"

O rexedor postulase a senador.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/03/2019 | Actualizada ás 11:57

Comparte esta noticia

O alcalde de Burela e presidente da Mancomunidade de municipios da Mariña, Alfredo Llano, postulouse para ser o candidato do Partido Socialista pola provincia de Lugo ao Senado nas próximas eleccións xerais do 28 de abril.

Deste xeito, súmase aos militantes xa postulados nos últimos días, nos que fixeron pública a súa intención o rexedor de Pedrafita, José Luís Raposo, así como o senador Ricardo Varela e o xornalista Fidel Fernán.

O rexedor mariñán xustificou a súa candidatura para que A Mariña teña "voz propia" na Cámara alta. "Agora mesmo hai unha preocupación grande para atender á xente que vive da pesca, tamén necesidades en canto a infraestruturas e mellora dos medios de comunicación como o tren", manifestou.

"Representamos o sentir da provincia, pero A Mariña é das principais zonas ou comarcas con grandes posibilidades económicas e debe de estar representada", subliñou no rexedor, que asegura que esta nova responsabilidade permitiríalle reforzar "a actividade da alcaldía". "Sería bo para Burela e para a comarca", sinala.

Alfredo Llano, alcalde de Burela
Alfredo Llano, alcalde de Burela | Fonte: Concello de Burela

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta