Temas: FERROL NAVAL CCOO

CC.OO. consegue introducir no convenio provincial os acordos da industria auxiliar do naval

Agora será necesario seguir avanzado en determinados aspectos, "sobre todo no ámbito da formación, con esa promesa da Xunta, e tamén na seguridade laboral".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/03/2019 | Actualizada ás 18:41

Comparte esta noticia

O responsable da Federación de Industria de CC.OO. en Galicia, Víctor Ledo, asegurou que grazas á acción desta organización sindical e, máis concretamente, á súa decisión de "asinar o convenio provincial do sector siderometalúrgico" na Coruña, "quedou esa xanela aberta que facilitou e posibilitou que o pasado 26 de febreiro incluísense os acordos para o sector naval público na ría de Ferrol no corpo do convenio".

Ditas manifestacións realizounas Ledo nunha comparecencia pública realizada na sede do sindicato en Ferrol, minutos despois de protagonizar unha asemblea con delegados da industria auxiliar do sector naval na ría ferrolá e na que se deron cita tamén representantes das seccións sindicais de CC.OO. nos estaleiros de Navantia Ferrol e Fene (A Coruña).

"Pola aposta firme de Comisións Obreiras, coa inclusión daquela disposición transitoria primeira, que deixaba esta ferramenta, e que de non existir, hoxe non poderiamos estar a nos felicitar de que estes acordos están dentro do convenio, e isto ten un protagonista único, que se chama CC.OO.", aseverou o dirixente sindical ferrolán.

FORMACIÓN E SEGURIDADE

Ledo lembrou que o pasado 26 de febreiro asinouse, entre a parte Social e a recentemente constituída Asociación de empresarios da industria auxiliar na ría de Ferrol a ratificación dos acordos da industria auxiliar de Navantia, coa mediación do Consello Galego de Relacións Laborais (CGRL), "pasando de disposición transitoria, con data de caducidade a 30 de xuño de 2020, a disposición adicional, sendo parte do corpo do convenio coa ultractividade do mesmo".

Víctor Ledo destacou que agora será necesario seguir avanzado en determinados aspectos para mellorar as condicións laborais dos traballadores de compañías que realizan o seu labor nos estaleiros públicos, "sobre todo no ámbito da formación, con esa promesa da Xunta, e tamén na seguridade laboral".

COEFICIENTE REDUCTOR

Víctor Ledo tamén asegurou que desde CC.OO. deféndese "plenamente que se lle apliquen os coeficientes reductores a todos os traballadores que estean expostos a unhas condicións de tóxico, penoso e perigoso, pero o que non vale é facer publicidade con isto e tomarllo a treo". Unhas manifestacións en alusión ao sindicato CIG, que presentou o pasado mércores, 27 de febreiro, resolucións de 30 comités de empresa do naval de Vigo e Ferrol, con esta reclamación ante a Delegación do Goberno, na Coruña.

"Esixir que haxa un coeficiente reductor para un grupo de categorías profesionais que estean expostos a esta situación leva a unha solicitude conxunta das organizacións empresariais e sindicais afectadas, e o que non vale é que cada unha vaia polo seu lado", sentenciou.

Rolda de prensa de CCOO en Ferrol sobre a industria do naval.
Rolda de prensa de CCOO en Ferrol sobre a industria do naval. | Fonte: Europa Press

Temas: FERROL NAVAL CCOO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta