Os galegos valoran cun 6,43 sobre 10 o sistema sanitario público, segundo un barómetro de Sanidade

Os usuarios valoran cun 7,96 ao persoal médico e un 8 para o de enfermaría.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/03/2019 | Actualizada ás 20:13

Comparte esta noticia

Os galegos valoran cun 6,43 sobre 10 o sistema sanitario público, que funciona "ben ou bastante ben" para un 70% dos enquisados no barómetro do 2018 elaborado polo Ministerio de Sanidade.

Nos datos referir# a Galicia, difundidos pola Consellería de Sanidade este venres, os enquisados puntúan cun 7,47 sobre 10 servizos de atención primaria, 15 décimas máis que a Media do Sistema Nacional de Saúde. Os pacientes valoran cun 7,70 ao persoal médico e cun 7,57 ao de enfermaría da atención primaria por "a confianza e seguridade" que transmiten.

Neste nivel asistencial, os usuarios outorgan un 7,60 aos coidados e atención recibida polos médicos e un 7,61 ao prestado polo persoal de enfermaría. A valoración das urxencias de atención primaria sitúase nun 6,61.

En canto á atención hospitalaria, os pacientes galegos puntúan cun 6,95 sobre 10 a asistencia sanitarias nos centros do Sergas. Os usuarios valoran cun 7,96 ao persoal médico e un 8 para o de enfermaría.

Así as cousas, segundo o barómetro do Ministerio de Sanidade, os galegos optarían maioritariamente por ser atendidos en centros públicos en porcentaxes maiores que a media estatal. Deste xeito, o 75,2% dos enquisados preferiría ser atendido nun centro público de atención primaria, porcentaxe que cae ao 59,5% no caso de consultas especializadas.

En ingresos hospitalarios, o 78,4% dos galegos acudiría a un hospital do Sergas, mentres que o 76,1% optaría polos servizos de urxencia públicos.

Manifestación na Defensa da Sanidade Pública, 3-03-2013
Manifestación na Defensa da Sanidade Pública, 3-03-2013 | Fonte: susete ferrol picassa

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

este barómetro tamén o fixo Tezanos ?