Temas: RESTAURACIóN

Os lodos da depuradora da Coruña son a base para a recuperación de chans queimados

"É unha nova estratexia para mitigar a perda de chan asociada a episodios posteriores aos incendios forestais mediante a aplicación dun tecnosolo baseado en residuos orgánicos e especies fúnxicas".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/03/2019 | Actualizada ás 20:21

Comparte esta noticia

Os lodos da depuradora da comarca da Coruña convértense na base de recuperación de chans queimados por incendios forestais, no marco dun proxecto europeo no que participa a empresa Tratamentos Ecolóxicos do Noroeste, xunto con outras entidades de Galicia e Portugal.

O obxectivo do proxecto Life Reforest é desenvolver "unha nova estratexia para mitigar a perda de chan asociada a episodios posteriores aos incendios forestais mediante a aplicación dun tecnosolo baseado en residuos orgánicos e especies fúnxicas". De tal forma, búscase previr a erosión e facilitar a restauración da flora en áreas de bosques queimados, segundo explica a empresa nun comunicado.

Esta empresa valoriza anualmente unhas 22.000 toneladas de lodos para o seu tratamento e conversión en abono orgánico e tecnosuelos procedentes das depuradoras dos municipios da Coruña, Arteixo, Cambre, Culleredo e Oleiros. Precisamente, este venres, o director xeral da EDAR Bens, Carlos Lamora, visitou as instalacións da firma situada en Touro para coñecer o proceso de transformación.

Incendios
Incendios | Fonte: Medio Ambiente

Temas: RESTAURACIóN
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta