A Xunta acelera as concentracións parcelarias abertas en Galicia mediante procedementos administrativos

O conselleiro de Medio Rural sinalou que a Xunta avalía as 11 solicitudes de reestruturación parcelaria presentadas recentemente polo Concello de Agolada.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/03/2019 | Actualizada ás 20:51

Comparte esta noticia

A Consellería  do Medio Rural traballa para terminar administrativamente os 107 procesos de  restructuración parcelaria abertos en Galicia, co obxectivo de que cheguen á fase de acordo firme. Así o explicou esta tarde o titular do departamento autonómico, José González, durante a súa visita a Agolada (Pontevedra) para coñecer sobre o terreo as futuras zonas de actuación neste municipio pontevedrés.

Labores agrarias
Labores agrarias | Fonte: Arquivo

O conselleiro sinalou que a Xunta avalía as 11 solicitudes de reestruturación parcelaria presentadas recentemente polo Concello de Agolada, que corresponderían con actuacións en 11 parroquias nun total de case 6.000 novas hectáreas.

Estas novas peticións están en fase de estudo, para determinar a súa adecuación ao establecido na Lei de Mellora da Estrutura Agraria de Galicia, no que fai referencia á iniciativa e aos obxectivos xerais da reestruturación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta