Temas: EMERXENCIAS 112

125 incidencias atentidas como consecuencia do temporal de vento e choiva deste domingo pero sen danos persoais

A provincia da Coruña foi a máis afectada con 64 incidencias, seguida de Lugo con 39, Pontevedra con 15, Ourense con 6 e 1 noutras comunidades.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/03/2019 | Actualizada ás 20:07

Comparte esta noticia

O vento e a choiva rexistrados leste domino, con alerta laranxa na costa galega, deixaron un total de 125 incidencias, xestionadas polo servizo de emerxencias do 112 Galicia entre 09,00 e as 18,00 horas, pero sen que ningunha causase danos persoais.

A maioría dos incidentes rexistrados, segundo informa o 112, estiveron relacionados coa caída de árbores nas estradas (56), seguidas das relacionadas coa prevención de riscos (28) e incidencias rexistradas pola presenza de obxectivos en varios puntos da vía (15).

A provincia da Coruña foi a máis afectada con 64 incidencias, seguida de Lugo con 39, Pontevedra con 15, Ourense con 6 e 1 noutras comunidades.

Temporal en Galicia
Temporal en Galicia | Fonte: Miguel Núñez.

Temas: EMERXENCIAS 112
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta