Contraminacción denuncia a depredación e destrución do medio da actividade mineira

Colectivos sociais reunidos en Compostela en febreiro demandan cambios nas políticas de minería e avisan dos riscos dos proxectos mineiros programados en diversos lugares do Estado.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/03/2019 | Actualizada ás 11:15

Comparte esta noticia

O IV Encontro de ContraMINAcción, Rede contra a Minaría Destructiva na Galiza, celebrado o pasado mes de febreiro, emitiu as súas conclusións este luns 4 de marzo. Xunto con outros colectivos do Estado, todos procedentes de lugares onde se estuda ou se abriron proxectos mineiros, analizaron e avaliaron as consencuencias da actividade extractiva a medio e longo prazo.

Concentración denunciando a contaminación en Touro
Concentración denunciando a contaminación en Touro | Fonte: Plataforma Veciñal

Os diversos puntos que critican no documento enviado aos medios, figuran a denuncia de falta de seguridade nos proxectos mineiros e poñen como exemplos as roturas de balsas en Brasil con 300 mortos e en San Fins, Lousame, onde denuncia que a admnistración e a empresa mineira “omiten a decantación con metais pesados que xa verten para a ría e ameazan con romper”.

Tamén sinalan que o emprego creado polas explotacións mineiras é mínimo, como aconteceu nas minas de Monesterio (Badajoz) que de 25 pasaron a ter 9 traballadores. Critican a postura das empresas mineiras cando din que o campo e medio rural non crean traballo. Un exemplo que contradí esta opinión é o mesmo Camiño de Santiago que pasa polos concellos de Touro e O Pino. Ademais de todo isto, denuncian que a minaría non é sostible porque esgota recursos como a auga e afecta á agricultura.

As plataformas reunidas en Compostela a mediados de febreiro piden que os movementos especulativos da minería non estean por encima dos intereses da cidadanía. Piden a declaración de estratéxicas as actividades agrarias e todas as relacionadas co medio rural ademais de cambios nas políticas e xestión administrativas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta