Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/03/2019 | Actualizada ás 14:11
O número de autónomos en Galicia descendeu un 0,01% no mes de febreiro e é a Comunidade autónoma que máis traballadores deste tipo perde en datos interanuais, segundo un informe elaborado pola Asociación de Traballadores Autónomos de Galicia-ATA Galicia.
A nivel galego, o mes de febreiro pechouse con 209.877 autónomos, 51 menos que o mes anterior. Na provincia de Lugo o descenso foi do 0,2% (79 menos), mesma porcentaxe que na de Ourense (45 menos). Pola súa banda, tanto A Coruña como Pontevedra acabaron febreiro con datos positivos, con 20 e 53 autónomos máis respectivamente.
Na desagregación por xénero, o pasado mes perdéronse sete autónomos homes e 44 mulleres. En canto a sectores de actividade, os que tiveron peores datos foron Industria (-0,5%, 67 autónomos menos), Comercio (-0,3%, 155 traballadores menos), Construción (-0,1%, perde 20 cotizantes) e Agricultura (-0,1%, un emprendedor menos).
Nunha situación oposta están Actividades Artísticas (0,9%, 30 autónomos máis), Actividades inmobiliarias (0,6%, 38 novos autónomos), Actividades Administrativas (0,6%, 38 traballadores máis), Educación (0,6%, 37 novos cotizantes) e Información e Comunicación (0,5%, 11 emprendedores máis).
"DATOS PREOCUPANTES"
O presidente de ATA Galicia, Rafael Granados, afirmou que as cifras do informe pon de manifesto que "tras pechar 2018 por cuarto ano consecutivo perdendo autónomos, e sendo ademais a segunda comunidade con maior descenso de autónomos en termos absolutos", os datos dos dous primeiros meses de 2019 son "preocupantes", tal e como recolle o comunicado de ATA
Nesta liña destacou que se perden "máis de 1.400 autónomos" e se baixa dos 210.000 afiliados, e subliñou que Galicia é "a comunidade que máis autónomos perde en febreiro considerando os datos interanuais". Ademais, engadiu que "sectores como o comercio están en caída libre".
Granados avisou de que "as políticas dirixidas a favorecer o emprendimiento" en Galicia "son insignificantes se non veñen acompañadas de políticas de consolidación e beneficios fiscais".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.