Temas: A CORUñA

O Concello da Coruña presenta un novo deseño para o seu portal web que estará listo en abril

"Será un portal web máis sinxelo, que responderá as demandas informativas dos veciños, que recibimos a través do 010 e da analítica web" di a condelleira Claudia Delso.

Por E.P. | A CORUÑA | 04/03/2019 | Actualizada ás 18:00

Comparte esta noticia

A concelleira de Participación e Innovación Democrática, Claudia Delso, presentou este luns o proxecto de mellora do portal municipal 'www.coruna.gal' que, a partir do mes de abril, presentará un novo deseño e reestruturación de información.

Ademais, segundo informou a edil, reagrupará máis de 40 páxinas webs municipais nunha mesma plataforma. Segundo manifestou Delso, trátase dunha proposta con contidos "claramente orientados cara ao uso cidadán".

Na súa elaboración, empregáronse tres anos de traballo nos que interveu tanto persoal técnico municipal como usuarios da propia páxina. "Será un portal web máis sinxelo, que responderá as demandas informativas dos veciños, que recibimos a través do 010 e da analítica web, e cun deseño máis adaptado aos novos tempos nos que o acceso é, maioritariamente, a través de dispositivos móbiles", sinalou.

A iniciativa, segundo explicou, enmárcase no programa de impulso á innovación e o goberno aberto para "achegar a administración á cidadanía e fomentar o desenvolvemento das ferramentas dixitais".

Concelleira de Participación Claudia Delso presenta nova web municipal. CONCELLO DA CORUÑA
Concelleira de Participación Claudia Delso presenta nova web municipal. CONCELLO DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Temas: A CORUñA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta