Comisan un furgón en Ourense con roupa falsificada por valor de 80.000 euros

A intervención tivo lugar na A-52, á altura de Riós

Por E.P. | OURENSE | 06/03/2019 | Actualizada ás 13:11

Comparte esta noticia

A Garda Civil comisou un furgón na A-52, á altura de Riós (Ourense), con 15 caixas de cartón nas que se almacenaban pezas de roupa presuntamente falsificadas que no mercado irregular poderían alcanzar un valor de 80.000 euros.

Segundo informou este mércores o instituto armado, quen localizou o vehículo foi unha patrulla que realizaba labores de inspección do transporte de mercadorías por estrada. O achado teivo lugar ás 20,30 horas do pasado luns, día 4 de marzo.

Ante as "fundadas sospeitas" de que os produtos puidesen ser falsificados, os axentes procederon ao seu comiso ao ser considerados como efectos procedentes dun suposto delito contra a propiedade industrial.

As pezas intervidas na furgoneta, propiedade dunha empresa de transporte que cubría a ruta Vigo-Madrid, foron postas a disposición do Xulgado de Instrución de Garda de Verín.

A Garda Civil comisa un furgón na A-52, en Riós (Ourense), con pezas de roupa falsificadas.  GARDA CIVIL
A Garda Civil comisa un furgón na A-52, en Riós (Ourense), con pezas de roupa falsificadas. GARDA CIVIL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta