Condenado a 20 anos de cárcere un coruñés que asasinou a súa sogra

Deberá indemnizar as dúas fillas da vítima con 60.000 e 30.000 euros, respectivamente. O sentenciado acusaba á nai da súa exparella de ser a culpable da súa ruptura sentimental

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 06/03/2019 | Actualizada ás 18:31

Comparte esta noticia

A sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña condenou a 20 anos de cárcere a un veciño da cidade herculina polo asasinato da súa sogra, de 73 anos. Este fallo confirma o veredicto do Tribunal do Xurado, en referencia a este suceso, ocorrido en agosto de 2017.

Ademais da condena de prisión, na que a Audiencia tivo en conta a atenuante de confesión, a sentenza establece a prohibición de residir e achegarse ao termo municipal da Coruña durante 30 anos, segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG). Por outra banda, o home deberá indemnizar a súa exparella con 60.000 euros e á outra filla da vítima coa contía de 30.000 euros.

Na sentenza, explica que o acusado é "un adicto a sustancias tóxicas desde antigo" e que está diagnosticado dunha síndrome ansiosa-depresiva e dun trastorno mixto da personalidade. No entanto, sinala, tal e como argumentou o Tribunal do Xurado, que isto "non alteraba en absoluto as súas capacidades intelectivas e volitivas" cando cometeu os feitos.

FEITOS

O sospeitoso, segundo o fallo, dirixiuse á vivenda da súa sogra, á que culpaba da súa ruptura sentimental, "enfurecido" tras ver nunha rede social unha fotografía da súa exparella con outro home na praia. O día dos feitos, a vítima abriulle a porta do piso "confiada e sen pensar que houbese perigo".

Entón, o condenado aproveitou a súa complexión física e que estaba "desprevida" no corredor, preto da porta, para golpeala cos puños e propinarlle patadas por todo o corpo causándolle numerosas lesións ata asfixiala.

O fallo xudicial ditaminou 20 anos de cárcere para o acusado de matar a súa sogra.
O fallo xudicial ditaminou 20 anos de cárcere para o acusado de matar a súa sogra.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta