O Diario Oficial da Unión Europea anuncia o inicio para a licitación da variante do AVE de Ourense

Os socialistas de Ourene sinalan que a tramitación deste tramo arrincou en 2006 durante a etapa como ministro de Fomento de José Blanco e que "foi paralizada" pola súa sucesora, a popular Ana Pastor.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/03/2019 | Actualizada ás 19:25

Comparte esta noticia

O Diario Oficial da Unión Europea (DOUE) publicou unha serie de anuncios que anticipan a licitación de proxectos e obras para a coñecida como variante exterior da liña de alta velocidade ferroviaria en Ourense.

O PSOE ourensán, segundo recolle un comunicado emitido este mércores, celebrou a noticia e destacan o "sólido compromiso dos socialistas coas infraestruturas clave" despois de "a parálise e recortes durante o goberno de Mariano Rajoy".

Os socialistas sinalan que a tramitación administrativa deste tramo arrincou en 2006 durante a etapa como ministro de Fomento de José Blanco e que "foi paralizada" seis anos máis tarde pola súa sucesora, a popular Ana Pastor.

"Desde entón e ata a volta do PSOE á Moncloa hai uns meses, estes proxectos estiveron en barbeito, gardados nun caixón, tempo durante o cal lle aplicaron todo tipo de rebaixas, modificacións e recortes no seu deseño e prestacións", afirma o PSOE de Ourense.

AVE a Galicia. EUROPA PRESS - Arquivo
AVE a Galicia. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta