Temas: PP PSOE PEAXES AP-9

Ethel Vázquez afirma que o PSOE actúa "como portavoz de Audasa" en relación ás peaxes da AP-9

A conselleira tamén fixo unha defensa do transporte compartido, baseado en empregar prazas baleiras do transporte escolar, "un modelo moi útil para o rural, sustentable e viable, que xa conta co aval da experiencia".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/03/2019 | Actualizada ás 19:43

Comparte esta noticia

A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, criticou este mércores a subida de peaxes da AP-9 e acusou ao PSOE de "actuar como portavoz de Audasa" e "defender os seus intereses". "Hai convenios que poden ser revisados e baixados", explicou. Nunha entrevista no 'Bos Días' da Televisión de Galicia, Ethel Vázquez asegurou que a transferencia da AP-9 é "un proxecto de país e imprescindible", tras o que lembrou que "hai unanimidade no Parlamento galego", que quere a transferencia, "pero non a calquera prezo".

"As subidas extraordinarias que multiplican por cinco o IPC son un acordo redondo para Audasa", dixo a conselleira, que acusou disto ao socialista José Banco en "o seu tempo como ministro de Fomento". Seguindo co ámbito do transporte, Vázquez referiuse ao Plan de Transporte Metropolitano xa implantado en cidades como Lugo, Ferrol e A Coruña, pero no que "a área de Vigo é de segunda porla negativa do propio concello".

A conselleira tamén fixo unha defensa do transporte compartido, baseado en empregar prazas baleiras do transporte escolar, "un modelo moi útil para o rural, sustentable e viable, que xa conta co aval da experiencia".

En relación ao proxecto da estación intermodal de Lugo, a conselleira asegurou que descoñece o seu financiamento ou os trámites urbanísticos da estación, o que cualificou como algo "sen precedentes". Segundo Ethel Vázquez, tras a "colaboración" entre administracións na construción das estacións intermodais de Vigo, Santiago ou Ourense, "rompeuse unha traxectoria de traballo conxunto porque a Alcaldía de Lugo e o Ministerio de Fomento quixeron presentar a estación en solitario, sen contar coa Xunta".

Ponte de Rande, na AP-9
Ponte de Rande, na AP-9 | Fonte: Arquivo Galicia Confidencial

Temas: PP PSOE PEAXES AP-9
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta