En Marea insiste nunha "plataforma progresista" co PSdeG e o BNG para "non regalar senadores" ao PP

As súas candidatas pola Coruña nas primarias do partido instrumental apelan a ser "a voz da cidadanía" en Madrid

Por E.P. | A CORUÑA | 07/03/2019 | Actualizada ás 13:31

Comparte esta noticia

A candidata de En Marea ao Senado pola Coruña, María Dores Candedo, reiterou ao PSdeG e ao BNG a proposta do partido instrumental de configurar unha "plataforma progresista" a esta Cámara co obxectivo de "non regalar senadores" ao PP.

A candidata de En Marea ao Congreso, Ana Seijas
A candidata de En Marea ao Congreso, Ana Seijas

Ás súas palabras sumouse, nunha rolda de prensa, a candidata ao Congreso, Ana Seijas. Preguntada acerca de se houbo conversacións con ambas formacións, Seijas lembrou que esta oferta "está feita desde hai semanas". "Esperamos que sexa ben recibida", sinalou. Así, incidiu en que o contrario "sería regalar 12 senadores ao PP". "E iso ningunha das tres formacións o desxa e non é reflexo do que vota a cidadanía", engadiu.

Pola súa banda, María Dores Candedo apelou á posiblidade de ser "maioría". Mentres, mostrouse convencida da opción de que as tres formacións traballen conxuntamente "na defensa das políticas de igualdade, dos dereitos sociais e a súa recuperación por unha xestión austericida e na defensa do autogoberno de Galicia".

"VOZ DA CIDADANÍA"

Por outra banda, sobre a súa candidatura para as eleccións xerais, Ana Seijas manifestou que o obxectivo das primarias convocadas en En Marea é "elixir as mellores candidaturas". Ademais, recalcou que a súa intención é levar "a voz da cidadanía a Madrid". "Que as decisións se tomen para Galicia desde Galicia", engadiu.

Sobre as listas destacou tamén "a igualdade real entre homes e mulleres". "As cabezas de lista de tres das catro provincias son mulleres", subliñou Ana Seijas, quen reivindicou a En Marea como un partido instrumental que "aposta polo rexeneracionismo, a ética e a democracia".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Gamela

A ver se alguén é quen de explicar como Oriana Méndez (Ferrín) saltou dende a lista de En Marea Entre Todas (que non compareceu na constitución siquera do novo Consello das Mareas!) a ocupar o número dous da lista da Marea de Vigo ? https://www.mareadevigo.org/candida... Será que as listas cremalleira teñen os dentes longos ?

2 Gamela

Cando se fan propostas interesantes todos miran para outro lado...? Mira que será curioso que os electos polas bases a encabezar a Marea de Vigo teñan que presentar a súa demisión para favorecer as maniobras dos que mandan moito sen facer absolutamente nada! https://www.noticiasvigo.es/opinion...

1 Jaspers

O BNG-bis aínda é máis patético que o BNG. As copias sempre son piores que os orixinais. Non falla.