A Xunta quere que as farmacias cheguen a todos os recunchos de Galicia

As farmacias poderán abrir establecementos anexos en parroquias sen boticas ou de difícil acceso.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/03/2019 | Actualizada ás 16:37

Comparte esta noticia

O Goberno galego deu luz verde este xoves o proxecto de reforma da Lei de Ordenación Farmacéutica de 1999, que garantirá a dispensación de medicamento en zonas menos poboadas coa posibilidade de que as farmacias poidan abrir establecementos anexos a estas en parroquias ou poboacións de "difícil acceso" ou onde non haxa boticas.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na comparecencia posterior á reunión co seu Executivo, explicou que a reforma da normativa prevé "garantir" esta prestación a todos os municipios galegos.

Así, outra das novas medidas da lei será, segundo indicou o titular do Goberno galego, a anulación "automática" dos concursos de traslados dos farmacéuticos se a causa do mesmo o establecemento anterior deixa "sen prestación" a un municipio.

Así mesmo, a reforma permitirá a entrega a domicilio de determinados produtos en supostos excepcionais, así como a venda por Internet para produtos de parafarmacia, o que estará restrinxido para os medicamentos.

Farmacia
Farmacia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta