O Sergas nega precariedade dos traballadores das ambulancias

Limita a folga a un conflito entre traballadores e empresas polo convenio colectivo

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/03/2019 | Actualizada ás 17:58

Comparte esta noticia

O xerente do Servizo Galego de Saúde, Antonio Fernández-Campa, limitou a folga do sector de ambulancias a unha "convocatoria pola negociación do convenio colectivo" e a un conflito entre a empresa e os traballadores a folga do sector de ambulancias.

Folga ambulancias
Folga ambulancias | Fonte: Europa Press.

En comisión parlamentaria, en resposta á pregunta de En Marea, asegurou que a deputada Eva Solla "faltaba á verdade" ao afirmar que a folga respondía tamén á situación de precariedade laboral dos traballadores porque, segundo Fernández-Campa se trata dun "conflito exclusivamente pola mellora do convenio colectivo".

Desde este punto de vista, incidiu en que "é unha circunstancia que teñen que solucionar as empresas e os traballadores".

A pesar disto, subliñou que o Servizo Galego de Saúde ofreceu a súa mediación "desde o primeiro momento" a través do Consello Galego de Relacións Laborais e mantivo "reunións coas centrais sindicais e cos empresarios".

A deputada de En Marea preguntara na comisión polo "incumprimento reiterado das condicións laborais", ademais de alertar que a situación do "transporte sanitario non parece viable tal e como se están desenvolvendo os concursos".

O Sergas limita a folga de ambulancias a un conflito entre traballadores e em
O Sergas limita a folga de ambulancias a un conflito entre traballadores e em | Fonte: Europa Press

Tras asegurar que o concurso de 2015 se convocou por un "importe insuficiente" e lembrar que os "traballadores sofren conxelación salarial desde 2010", definiu a actual situación como "insustentable" para un "servizo básico e imprescindible" que "está en cuestión pola mala xestión da Xunta".

"Prorrogou unha situación laboral de precariedade laboral absoluta -co concurso de 2015- con traballadores con salarios por baixo do mínimo interprofesional con contratos en prácticas", aseverou Eva Solla, que vinculou a situación actual coas condicións do concurso convocado polo Sergas.

Ante isto, a representante de En Marea reprochou ao xerente do Sergas que se "inhiba dalgo tan importante como o transporte sanitario" e que ten "relación co concurso", porque "foi insuficiente en 2015".

Na súa intervención, afirmou que "se están realizando transportes e atención con persoas sen debida formación sanitaria", con "coches con problemas con pesos e equipamentos", e nos que "a xente mesmo sobe sobre caixas de cervexas porque non hai chanzo, porque as ambulancias están rotas, retiráronse portas traseiras por outras para restar peso".

Nesta liña, tamén preguntou sobre a investigación sobre supostas irregularidades na adxudicación do concurso realizado pola Fundación Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dependente do Sergas, sobre o transporte de ambulancias, que se iniciou en novembro de 2014 e cuxo montante ascendeu a 121,6 millóns de euros.

En concreto, o Xulgado investiga se puido haber prevaricación, información privilexiada e tráfico de influencias na adxudicación e chamou a declarar en calidade de investigado o técnico responsable de transporte do 061, que actuou como avaliador dos vehículos.

INVESTIGACIÓN XUDICIAL SÓ "CONTRA UN TRABALLADOR"

En resposta en comisión parlamentaria, Fernández-Campa asegurou que o procedemento aberto polo Xulgado de Instrución Número 2 de Santiago "non é unha reclamación contra a Fundación, senón contra un traballador", aínda que puntualizou que "ata o momento", os 11 recursos por parte de distintos licitadores que se presentaron foron resoltos a favor da Fundación.

Ante o exceso de peso das ambulancias que se investiga, por mor dun informe policial, tamén reivindicou que a valoración que encargou a Administración, visada polo colexio oficial de enxeñeiros industriais concluíu que "as ambulancias cumprían toda a lexislación vixente".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta