A CIG recorrerá os "abusivos" servizos mínimos fixados nunha escola de Betanzos para este 8-M

Obrigarían a traballar a cinco das sete traballadoras que ten o centro

Por E.P. | A CORUÑA | 07/03/2019 | Actualizada ás 18:15

Comparte esta noticia

A sección sindical da CIG no Conecllo de Betanzos (A Coruña) anunciou que recorrerá os servizos mínimos na escola municipal fixados para a folga deste 8 de marzo. O sindicato considéraos "abusivos".

En concreto, sostén que "o goberno municipal do PSOE, apoiado por UXT, CSIF e CCOO, impide ás traballadoras da escola infantil municipal facer folga cuns servizos mínimos que obrigan a traballar a cinco das sete traballadoras que ten a escola".

Respecto diso, explica que o acordo se tomou na mesa xeral de negociación do pasado 28 de febreiro, co voto en contra da CIG, que anunciou que recorrería estes servizos en canto se publicase o decreto. A sección sindical argumenta que estas medidas van en contra dos "dereitos" das empregadas, nun cadro de persoal que na actualidade está composto "na súa totalidade, por traballadoras".

Manifestación feminista no 8 de marzo do pasado 2018
Manifestación feminista no 8 de marzo do pasado 2018 | Fonte: Miguel Núñez.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta