A obriga de que os restaurantes galegos ofrezan as sobras non está prevista para banquetes

O presidente da Xunta aposta por "valorar" o contido da lei nestes casos e facer "alegacións intelixentes" á mesma.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/03/2019 | Actualizada ás 19:33

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, admitiu que a medida pola que os restaurantes estarán obrigados a ofrecer aos clientes a parte do seu prato que non consuman está prevista "non para banquetes, senón para menús normais".

Carne de rubia galega.
Carne de rubia galega.

Preguntado sobre as queixas dos restaurantes ao transcender este anteproxecto de lei aprobado hai 15 días, Feijóo apuntou que "hai que axustar fino" e "valorar" o contido da norma en casos de celebracións con multitude de comensais.

Neste contexto, dixo que "seguro que os hostaleiros" van facer "alegacións intelixentes" a esta medida que aínda se atopa na súa fase "de facer achegas" e que, tal e como foi anunciado, está previsto que chegue ao Parlamento galego a finais de ano para entrar en vigor en 2020.

"O que propoño é que, a unha alegación intelixente, a resposta ten que ser intelixente", engadiu Feijóo.

En calquera caso, mostrou o "compromiso" da Xunta, "igual que calquera sociedade europea", para implementar medidas de reciclaxe, un ámbito no que, afirmou, "Galicia ten que estar na vangarda", polo que a medida prevé que os envases das sobras serán sen plástico.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta