A ausencia de deputadas de todos os grupos, incluído o PP, provoca a suspensión das comisións do Parlamento

Non houbo quórum e polo tanto suspenderonse todas as sesións.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/03/2019 | Actualizada ás 11:38

Comparte esta noticia

As comisións 3ª e 5ª do Parlamento de Galicia non se celebraron este venres despois de que só acudisen os deputados masculinos. As mulleres de todos os grupos --PP, En Marea, PSdeG e BNG-- decidiron secundar a folga convocada polo Día Internacional da Muller.

Ao comezo de ambas as sesións, os presidentes fixeron reconto dos presentes na sala e, ao ver que non había quórum, decretaron a caída de todos os puntos do día.

Ademais, o presidente da Comisión 5ª de Pesca e Marisqueo, o popular Alberto Pazos Couñago, mostrou o seu "respecto" coa decisión das deputadas para reivindicar os seus dereitos. "Cando todas as mulleres do Parlamento pairan, a vida parlamentaria para e este Parlamento para", continuou.

Para visibilizar o 8M, o Pazo do Hórreo convocou para as 12,00 horas unha concentración nas súas portas na que participará o presidente da Cámara autonómica, Miguel Anxo Santalices.

O presidente da Fegamp, en comisión
O presidente da Fegamp, en comisión

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta