Vox ataca a Casado por permitir as oposicións da Xunta na que se pide coñecer o galego

"Di unha cousa en Cataluña e outra en Galicia", afea o líder de Vox ao PP.

Por Europa Press / Redacción | Compostela | 08/03/2019 | Actualizada ás 14:43

Comparte esta noticia

O líder do Vox, Santiago Abascal, arremeteu este venres contra o presidente do PP, Pablo Casado, por "permitir" ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, lanzar unha oferta de emprego público no que se require dominar o idioma galego.

"Casado di unha cousa en Cataluña e permítelle facer a Feijoó a contraria en Galicia. O PP é incapaz de soster a mesma posición durante dous minutos seguidos", criticou Abascal nun apuntamento no seu perfil en Twitter.

A mes e medio das eleccións xerais, o líder de Vox vaticina que isto ao PP vaille a custar votos. "Os españois apostarán o 28-A polo partido que teña unha mensaxe nacional e diga o mesmo en toda España", prognostica Abascal.

Este martes publicouse unha convocatoria das oposicións para cubrir 269 prazas no Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais da Administración galega.

O concurso-oposición constará de dúas probas e unha terceira para evidenciar o coñecemento de lingua galega, e da que quedarán exentas de realizala aquelas persoas que acrediten contar co certificado Celga 3 ou equivalente. Todos estes exercicios serán eliminatorios ou obrigatorios.

O presidente de VOX, Santiago Abascal / www.flickr.com/photos/elentir/42286520162
O presidente de VOX, Santiago Abascal / www.flickr.com/photos/elentir/42286520162

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

2 Sad Sas

Ollo con está xente fanática que é moi perigosa. Nas xerais hai que mirar ben o que se vota. Votar o BNG pontonista ou a EM villarista, candidaturas que non teñen posibilidade ningunha de lograr escano no Congreso español, é tirar co voto ao lixo e favorecer á dereita española. Despois non nos lamentemos cando sexa demasiado tarde.

1 final

Mi má¡¡ pero logo ti de quen ves sendo? Laiarse de qué? queda algo do qué laiarse? Eu coido que o mellor sería que todos os habitantes de este terrritorio do nor-oeste votemos ao que hai que votar como é natural e traballemos cómodamente nunha diputación... logo ir ao furgol a ver o madrit e churrasco o domingo ...despois de misa... e non teño nada máis que dicir!!!

2 Cirigaitas

Pois precisamente estes Medos Resolverian-se, entre outras cousas, con, pro exemplo, Seis Deputados do BNG no Congreso Español......olle vosté a Pupa que lle vais facer o Abascal mamandurrioaguirrirán a Bascos e Cataláns...e aproveite para Abandoar ese Discurso de Autocolonizadoacomplexado que da noxo......

1 mi má

Non te alporices ho!! que é coñecer así de lonxe home, como quen fala na intimidade... o sea ya sabes...