As mobilizacións do 8M en Ferrol logran unha boa resposta cidadá

O paro é secundado de maneira maioritaria entre as traballadoras da administración

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/03/2019 | Actualizada ás 17:47

Comparte esta noticia

Ata tres manifestacións discorreron na mañá deste venres, 8 de marzo, Día Internacional da Muller, polas rúas de Ferrol, todas elas cunha boa resposta cidadá. Así, ás 11,30 horas concentrábanse ante o edificio da Xunta as mulleres convocadas pola CIG, que saían posteriormente en manifestación polas rúas do barrio da Magdalena, onde a responsable de muller deste sindicato na comarca de Ferrol, Lasi Castro, destacaba o gran acompañamento que está a ter esta xornada.

"A folga está a ter un seguimento importante nos centros de traballo, na administración pública, como son os centros de educación, en residencias de maiores, en Navantia, onde algunhas mulleres entraron a traballar e non sabemos se van secundar os paros que temos convocados para hoxe", trasladou Castro en declaracións aos medios.

"Sabemos que é unha aposta moi forte a nosa, a de realizar unha folga de 24 horas, pero estimamos que estamos no camiño correcto e que o seguimento é importante", agrega.

ESTUDANTES

Minutos máis tarde, partía desde leste mesmo lugar, a praza Amada García, a manifestación convocada polo Sindicato de Estudantes e por Libres e Combativas. Unha marcha que logrou congregar tanto a mulleres como a homes novos, onde unha das súas portavoces, Carlota Amenedo, asegurou que: "Esta xornada deixou as aulas baleiras, para reclamar a igualdade, o fin da xustiza patriarcal e o fin deste sistema que nos está oprimindo".

Outros dous sindicatos, CC.OO. e UGT, secundaron unha marcha que os levou desde os seus locais ata o Cantón de Molíns, con parada na Casa da Muller de Ferrol, de onde partiu a mobilización convocada desde o Concello de Ferrol.

CONCIENCIA

A secretaria comarcal de CC.OO. en Ferrolterra, Auri Vázquez, asegurou que con respecto ao ano 2018 é "unha sociedade máis concienciada de que hai un problema, de que non se dá a igualdade real e efectiva entre homes e mulleres", pois "existe un problema de brecha salarial e de discriminación". "A medida que a sociedade está máis concienciada, damos un paso facía adiante para poder cambialo", apostila.

Manifestación 8M
Manifestación 8M

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta