O BNG xa ten candidatos para tentar volver ao Congreso

Os elixidos son Néstor Rego, Iago Tabarés, Maite Ferreiro e Carme da Silva.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/03/2019 | Actualizada ás 14:26

Comparte esta noticia

O portavoz dos '19 de Meirás' 8denunciados pola familia Franco por accións reivindicativas para reclamar a devolución ao patrimonio público de propiedades nas súas mans) e secretario xeral da UPG, Néstor Rego, será o cabeza de cartel do BNG pola Coruña nas eleccións do próximo 28 de abril, xunto co avogado e ex-deputado no Parlamento galego Iago Tabarés, por Ourense; e dúas concelleiras por Lugo e Pontevedra: Maite Ferreiro e Carme da Silva, respectivamente.

Presentación dos candidatos do BNG ao Congreso e Senado
Presentación dos candidatos do BNG ao Congreso e Senado | Fonte: Europa Press

O Consello Nacional do BNG aprobou este sábado as candidaturas para as próximas eleccións xerais coas que os nacionalistas aspiran a recuperar a súa presenza no Congreso dos Deputados, que perderon en decembro de 2015 por primeira vez en 20 anos.

Coa vista posta nesa meta, nas súas candidaturas tamén inclúen persoas de dilatada traxectoria como Tereixa Novo para o Senado, mentres que o exportavoz nacional Guillerme Vázquez pecha a lista por Pontevedra.

Así mesmo, as candidaturas inclúen persoas de relevancia no panorama cultural, como o escritor Suso de Toro, que pecha a lista pola Coruña, ou a presenza do ilustrador Kiko Da Silva, por Pontevedra.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, destacou que se trata dunha "candidatura de país" e "representativa da pluralidade que existe en Galicia" e subliñou que, nun escenario "sen maiorías absolutas", "un, dous, tres deputados do BNG son máis útiles para os galegos, que 23 ao servizo de Sánchez, Casado ou Iglesias".

Respecto diso, só deixou claro que os nacionalistas galegos nunca axudarían aos partidos de dereitas a gobernar e deixou no aire apoios explícitos a opcións como o PSOE ou Podemos en función de se respectan a "axenda galega".

Pontón evitou autoimporse un listón de cantos deputados consideraría o BNG como un éxito, pero remarcou que detecta que hai "moitos galegos" que miran cara á súa forza política conscientes da "irrelevancia" que lle deron a Galicia a as forzas estatais, polo que proclamou a importancia dunha "voz propia" para lograr que os asuntos galegos "existan politicamente e haxa unha voz plenamente soberana e leal" á sociedade galega.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

7 Gamela

UPG, Néstor Rego, xa se ve a utilidade ... http://www.galiciaconfidencial.com/...

6 Sonia Recarei

Síntome estafado pola falsa marea galega que me prometeu grupo propio no congreso e acabaron de criados dos marquesitos de Galapagar, Desta non pico. O meu voto volve ao BNG.

1 Bloqueiro bloqueado

O enésimo trol do BNG que se fai pasar por "votante decepcionado" de EM pero disimula tan mal que se descubre soltando os mantras, argumentarios e posverdades típicos do BNG. PP, Cs e PSOE pactaron para que EM non puidera ter grupo, pero a culpa é da vítima. Cando llo fixeron ao BNG, que pretendía formar grupo con deputados prestados doutros partidos no 2000, por suposto, a culpa non era do BNG. Como se vos ve sempre o plumeiro, trolitos.

2 Nunca máis

Pois outro "troll" que se sente estafado por En Marea e sobre todo por ANOVA, non me colledes noutra. Cantos anos perdidos e cantos pasos atrás.

3 eh-erc

Dirás cantos carrumeiros e campeons perdestes trolitos

5 Bernal Calvo Delaciga

Candidatura de restos e cun perfil moi baixo. Está claro que o BNG asume que ten imposible conseguir representación e prefire reservar candidatos máis válidos para máis adiante.

4 Raquel

O meu voto volve ao BNG. Organización seria ecompeometida co país.

3 Carmen Lastra

Néstor Rego Candamil, alias 'la arruga es bella' pola súa afección --clasista, como corresponde na UPG-- á tenda da Rosa de Adolfo Domínguez; Iago Tabarés, se vas ao seu despacho fálanche castelán si ou si; Carme da Silva, modelo de política profesional como oficio e con grandes dotes como aliada nos festexos da promotora taurina e da caspa (Bertín Osborne) e dos ultras (Alaska) en Pontevedra; e a edil-administrativa Ferreiro por Lugo. Con esta oferta, CONTINUISTA, as galegas non imos mercar BNG! Non están á altura para asegurar o control do chiringuito!

1 Gon Than

E ti es pura como a Virxe María... Hai que phoderse para que non se lle poda votar a alguén porque compra roupa de Adolfo Domínguez. E se leva de Tommy Hilfiger pódeselle votar? E eu que teño un BMW 330 i (porque podo) non podo ser nacionalista? E non podo votar BNG? Teño que votar algo español e casposo tipo PP ou VOX? Desde logo que estamos a anos luz de Catalunya e Euskadi, se xente coma ti pensa iso, imaxínate o resto de galegos con encefalograma plano.

2 Carmen Lastra

Nacionalista podes ser, sobre todo moi de dereitas, de caste (que o problema non é mercar en AD ou ter un BMW, senón presumir pensando que a mona vestida de seda ou nun carro de marca deixa de ser mona). Agora que ir de comunista, líder da UPG, defensor dos operarios... Non, radicalmente non! E 'o resto das galegas' non vos preocupamos á elite escollida, somos o residuo a engaiolar no mitin e a desprezar no politburo das alturas. Tirar de fondo de armario, repetindo modelos xa moi vistos para confeccionar candidaturas, amosa que non hai renovación, non existe relevo, hai desconfianza para dar entrada a xente nova e prefiren queimar o BNG antes de perder o control.