O BNG xa ten candidatos para tentar volver ao Congreso

Os elixidos son Néstor Rego, Iago Tabarés, Maite Ferreiro e Carme da Silva.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/03/2019 | Actualizada ás 14:26

Comparte esta noticia

O portavoz dos '19 de Meirás' 8denunciados pola familia Franco por accións reivindicativas para reclamar a devolución ao patrimonio público de propiedades nas súas mans) e secretario xeral da UPG, Néstor Rego, será o cabeza de cartel do BNG pola Coruña nas eleccións do próximo 28 de abril, xunto co avogado e ex-deputado no Parlamento galego Iago Tabarés, por Ourense; e dúas concelleiras por Lugo e Pontevedra: Maite Ferreiro e Carme da Silva, respectivamente.

Presentación dos candidatos do BNG ao Congreso e Senado
Presentación dos candidatos do BNG ao Congreso e Senado | Fonte: Europa Press

O Consello Nacional do BNG aprobou este sábado as candidaturas para as próximas eleccións xerais coas que os nacionalistas aspiran a recuperar a súa presenza no Congreso dos Deputados, que perderon en decembro de 2015 por primeira vez en 20 anos.

Coa vista posta nesa meta, nas súas candidaturas tamén inclúen persoas de dilatada traxectoria como Tereixa Novo para o Senado, mentres que o exportavoz nacional Guillerme Vázquez pecha a lista por Pontevedra.

Así mesmo, as candidaturas inclúen persoas de relevancia no panorama cultural, como o escritor Suso de Toro, que pecha a lista pola Coruña, ou a presenza do ilustrador Kiko Da Silva, por Pontevedra.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, destacou que se trata dunha "candidatura de país" e "representativa da pluralidade que existe en Galicia" e subliñou que, nun escenario "sen maiorías absolutas", "un, dous, tres deputados do BNG son máis útiles para os galegos, que 23 ao servizo de Sánchez, Casado ou Iglesias".

Respecto diso, só deixou claro que os nacionalistas galegos nunca axudarían aos partidos de dereitas a gobernar e deixou no aire apoios explícitos a opcións como o PSOE ou Podemos en función de se respectan a "axenda galega".

Pontón evitou autoimporse un listón de cantos deputados consideraría o BNG como un éxito, pero remarcou que detecta que hai "moitos galegos" que miran cara á súa forza política conscientes da "irrelevancia" que lle deron a Galicia a as forzas estatais, polo que proclamou a importancia dunha "voz propia" para lograr que os asuntos galegos "existan politicamente e haxa unha voz plenamente soberana e leal" á sociedade galega.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

2 VIVA O NACIONALISMO

O Consello Nacional ven de aprobar as candidaturas a Congreso e Senado. Sinto unha enorme satisfacción que a lista ao Congreso por Ourense a encabeze Iago Tabares, compañeiro en tantas batallas (e as que nos quedan). Debemos agrader a valentía, xenerosidade, altura de miras e compromiso co País neste momento delicado no que Galiza se xoga tanto como suxeito político de dereitos colectivos. Grazas mil por incorporarte, outra volta, ao proxecto do BNG, á túa casa, a casa común d@s nacionalistas.

1 luis alvarez

Pois desta vez, voto na provincia de A Coruña, e probablemente lle volte a votar ó BNG, que non lle voltei a votar dende a Asamblea de Amio,