O comité de empresa de Alcoa pide "axilidade e contundencia" ao Goberno

Solicita "unidade de acción" para "dar solución" á situación da planta coruñesa da multinacional produtora de aluminio.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/03/2019 | Actualizada ás 18:39

Comparte esta noticia

O presidente do comité de empresa de Alcoa na Coruña, Juan Carlos López Corbacho, pediu este sábado ao Goberno "unidade de acción", así como "axilidade e contundencia" para "dar solución" á situación da planta coruñesa da multinacional produtora de aluminio.

Peche das plantas de Alcoa en Avilés e A Coruña. M. Dylan/ Europa Press - Arquivo / Europa Press
Peche das plantas de Alcoa en Avilés e A Coruña. M. Dylan/ Europa Press - Arquivo / Europa Press

Neste sentido, asegurou que desde Galicia "se realizou ben o traballo encargado", polo que Corbacho se mostrou "á espera de saber" o que o Executivo de Pedro Sánchez exporá este luns, día 11 de marzo, na reunión no Ministerio de Industria da mesa técnica estatal para buscar a saída da empresa a outro investidor.

Así, subliñou que o problema de Alcoa non se pode converter nun escenario "hipócrita" por estar xa nun "escenario electoral". "Temos o apoio do Parlamento galego e asturiano, así como do Congreso e do Senado, e de todos os partidos políticos a nivel estatal", indicou.

"Pedimos unidade de acción para salvar a nosa industria. Levamos moitos meses agardando o ditoso borrador das empresas electrointensivas. Queremos o borrador e que se poida aplicar. Non temos tempo. Non podemos andar pendentes de se hai unha campaña electoral ou un compromiso por aquí ou por alá. O que queremos é que se faga o traballo", reivindicou o presidente do comité de empresa.

Ademais, sinalou que o comité de empresa de Alcoa recibiu unha proposta dun investidor interesado en comprar a factoría, que foi trasladada á Xunta e ao Ministerio, e destacou que este domingo, na visita de Pedro Sánchez á Coruña, os traballadores de Alcoa "se van facer visibles" e van procurar que o presidente os reciba e que explique "cal é a situación".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta