Podemos, EU e Anova piden a En Marea "altura de miras" para unha "gran coalición"

Piden a Villares que "tome partido" e que "se decida claramente" porque sería "incoherente" non concorrer xuntos.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 09/03/2019 | Actualizada ás 19:31

Comparte esta noticia

Podemos, EU e Anova insistiron este sábado en pedir ao portavoz de En Marea, Luís Villares, "altura de miras e audacia" para crear unha "gran coalición que faga fronte ao bloque reaccionario que anuncia o fascismo", a só unhas horas de que este domingo o partido instrumental conclúa as votacións das súas primarias para as eleccións xerais.

Miguel Anxo Fernán-Vello, Yolanda Díaz e Antón Gómez-Reino, deputados de En Marea.
Miguel Anxo Fernán-Vello, Yolanda Díaz e Antón Gómez-Reino, deputados de En Marea.

Así o sinalaron os deputados galegos Yolanda Díaz ( EU), Miguel Anxo Fernán-Vello (Anova) e Antón Gómez-Reino (Podemos), quen fixo un chamamento "directo e expreso" a Villares para formar unha "fronte ampla" de esquerdas.

"Ante esta conxuntura política é necesaria unha aposta pola unidade das esquerdas, xa que compartimos un mínimo común denominador, como a defensa das clases  subalternas e do pobo agredido", destacou Fernán-Vello, quen engadiu que a esquerda "ten que estar á altura das circunstancias" polo que pediu a Villares que "tome partido" e que "se decida claramente".

Ademais, asegurou que a cidadanía galega "apoia esta opción" para "desaloxar ao PP". "Seriamos incoherentes e atentariamos contra nós mesmos", sentenciou.

Neste sentido tamén falou Yolanda Díaz, quen destacou que "a fortaleza se mostra na unidade", pero reprochou que "quen queira colocarse na fila da debilidade e a derrota, que se coloque".

"Nós saímos a gañar nun traballo colectivo no que levamos sumando forzas desde 2012 coa creación da Alternativa Galega de Esquerdas. Imos concorrer coa man tendida, de unidade, polo que facemos un chamamento a incrementar esa unidade, tamén para o partido que lidera Luís Villares", indicou Díaz.

Palabras similares dixo Antón Gómez-Reino, quen manifestou o seu desexo de que "ninguén rompa o espazo de unidade".

"Todos os actores que construíron a confluencia do ano 2015 e 2016 estamos no espazo de construción dunha candidatura de unidade de fronte ao 28 de abril", indicou Gómez-Reino, polo que reprochou que "quen queira manterse fóra, é a súa responsabilidade", referíndose a Luís  Villares.

PRIMARIAS EN MAREA

Con todo, este domingo, día 10 de marzo, ás 23,59 horas pechará o prazo de votación das primeiras de En Marea para as eleccións xerais do 28 de abril.

Así, este luns, día 11, proclamaranse os resultados provisionais destas votacións, mentres que as listas definitivas se coñecerán o vindeiro mércores 13.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 15 comentarios

11 Tino

Vou votar a en Marea. Os alcaldes das Mareas, que gobernen os seus concellos e non pastoreen. Eu+Podemos non puxeron os interese da esquerda de Galicia por diante. Non podo estar con eles. Sinto que os que actualmente sustentan a Villares e andaban daquela en ANOVA sexan os que non aceptaron o resultado da consulta pola que se foi con Podemos e EU no 2015. Incoherencias miñas...

10 arzuán

Imaxinade que Susana Díaz lle dixera a Pedro Sanchez que non quere ir ás elección como PSOE, se non en coalición co PSOE. É dicir, por exemplo PSOE-susana, cren que sería posible. Isto mesmo piden Anova, EU e podemos.

9 Isidro

Yoli PROCESIONES, está moi nerviosa ,xa que por Madrid NON A VAN PRESENTAR e por Galicia, caso de ir de segunda pola Coruña, non vai conseguir acta de deputada. Parece que se lle acaba o chollo

8 Desfeita

Non teñen vergonza, especialmente FPG-Anova. Que monten no taxi onde caben todos e marchen para Podemos.

7 O pazo de Beirás

Deséxolles a todos eles acadar unha grandísima altura de miras para que o golpe ao petar no chan sexa definitivo. En Galiza xa hai unha plataforma de partidos galegos, a única galega: Bloque Nacionalista Galego.

1 O que queda do BNG

Plataforma de partidos galegos de dereitas: Bloque Nacionalista Galego.

2 MareadosXEspanha

Ah, que os de esquerdas son os mareados... HAHAHAHAHAAHAHHA!!!!!