A Semente, escola de ensino galego, abre definitivamente

Dende hoxe con actividades para raparigos dende 2 até 12 anos.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 02/11/2011 | Actualizada ás 11:20

Comparte esta noticia

O proxecto de escola "popular" Semente comezou xa a funcionar en Santiago coa "intençom de oferecer um espaço educativo em galego  baseado numha pedagogia crítica".

“Pensamos que era necesaria unha escola que orbite arredor da Galiza e ademais en galego. Fixemos un estudo de mercado e tivemos a sorte de que aparecera este local con máis de cen metros de aulas e outro tanto de horta", explicaron os promotores na iniciativa nunha información do GC.

A Semente estará aberta de 8 da mañá a 8 da tarde, traballando como centro educativo  polas mañás  e como ludoteca polas tardes para cativos de 2 a 6 anos. A ludoteca ofertará tamén diversos obradoiros para nenos e nenas de 6 a 12 anos. "Nos fins de semana também haverá atividades para pequen@s e grandes começando este mês de novembro con obradoiros para mais e pais", explican dende Semente.

Aínda que o idioma da Escola será o galego tamén contarán con material noutras idiomas. “Os cativos terán oportunidade de coñecer outras linguas porque teremos libros en catalán ou éuscaro, non pechamos as portas a visión internacional da lingua”, sinala Marcos Lopes, un dos promotores.

None

Lopes é membro da Gentalha do Pichel, centro social que apoia o traballo de  Semente. Máis información na web desta escola.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 58 comentarios

9 Arenga

Boa iniciativa, agardamos que noutras cidades imitem a ideia e poda-se ensinar as crianças em galego já que na escola pública está proibido por frijol.

8 Paulo Rico

"É unha escola privada" "Parabéns pola iniciativa e valentía empresarial" Nom é umha escola privada. É umha escola popular, comunitária, propriedade da Gentalha do Pichel (legalmente constituida sem ánimo de lucro). Na semente nom ha benefícios. Todo será reinvertido. O debate da dualidade privado/público está superado. Visitade a escola; falade com nós, compartide as dúbidas, aconselhade-nos. Estamos-vos agardando

1 Manoliño

¿E teñen autorización da Consellería de Educación para funcionar como escola? ¿Ou aquí calquera pode poñer unha escola na trastenda dun estanco con horta?

2 Black Crow

¿Y usté qué autorización tiene para escribir aquí? ... pues cuando la tenga, vuelve usté y despues se la pide a los demás, hombre, ... tanta autorización de la consellería y tanta poll..

3 escuela privada

O sea: e suna escu8ela privada, montada por nuna asociuacion privada y pagada con dinero privado. EN la escuela se impone la ideologia de los propietarios privados que la pagan y son sus dueños privados. Solo los miembros de la asociaicon privada pueden decidir. Y para mandar a los hijos a esa escuela privada, hay que pagar. ESCUELA PRIVADA. De comunitaria nada, porque la que manda en esa escuela no es la comunidad, sino un grupo de proeitarios particulares

4 Akribéstaton

Como te expliquei há pouco quando escreveste com outro sobrenome [fss], ainda que agora vejo que vais pelo terceiro, que eu saiba: Assim como a direita tem querença pelo uso privado ou particular dos recursos públicos, a esquerda gosta de servir o público e o comum com os recursos particulares. [Fundamento na resposta ao nº 10, teu novo sobrenome]

7 Manoliño

¿E isto é legal? ¿Non será unha maniobra ben orquestada para que os pechen, facerse as vítimas e acadar notoriedade?

6 Conde Roña

Semente, semente... a ver, a ver, saldrán de ahí auténticos sementales como yo?

5 xanuco

Sementar sementarei... teño un neno en idade de ir a esa escola, e outra que vai de camiño. Malia que as miñas crianzas non irán a Semente (por puros prexuizos contra o reintegracionismo, o lusogal, e toda a estética e cultura "axóuxere" da que esta impregnada), si saúdo con ledicia que exista, e máis ainda que funcione. Porque na nosa sociedade hai xente que demanda a súa existencia, igual que hai xente que demanda escolas católicas ou cousas peores. Parabéns pola iniciativa e valentía empresarial que supón por en marcha un proxecto destes nos tempos que corren. Sorte de corazón.

1 Arenga

Milhor que vaiam onde aprendam um bom castelhano e cultura de flamenco e touradas....... Podre pais que temos.

2 Xanuco

Non, van onde hai xente que fala Galego do que se falou toda a vida na miña familia, eu alédome sinceiramente da existencia desa escola, pero non considero que sexa o modelo para os meus fillos habendo uns avós e uns curmans cos que medrar.

3 leukospyrgos

E uns pais que din sinceiramente de toda a vida?

4 VASSALO

Que patético Mais um vassalo de Madri. Por que não aproveita para escrever em.moçarabe, digo, castelhano

5 VASSALO 2

Tipico discurso de submissão espanholeira. A vida toda se lamentando da sua condição social na camada do reino da Espanha. Galegos que reclamam de tudo e não fazem nada para mudar. Fingem que são bons galegos mas beijam os pés do rei da Espanha, votam no PP e abandomam o idioma. Tem vergonha de falar galego quando conversam com um castelhano falante e acham bonito falar "bueno" , "coche", e um monte de enxebrismos castelhanos.