A Semente, escola de ensino galego, abre definitivamente

Dende hoxe con actividades para raparigos dende 2 até 12 anos.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 02/11/2011 | Actualizada ás 11:20

Comparte esta noticia

O proxecto de escola "popular" Semente comezou xa a funcionar en Santiago coa "intençom de oferecer um espaço educativo em galego  baseado numha pedagogia crítica".

“Pensamos que era necesaria unha escola que orbite arredor da Galiza e ademais en galego. Fixemos un estudo de mercado e tivemos a sorte de que aparecera este local con máis de cen metros de aulas e outro tanto de horta", explicaron os promotores na iniciativa nunha información do GC.

A Semente estará aberta de 8 da mañá a 8 da tarde, traballando como centro educativo  polas mañás  e como ludoteca polas tardes para cativos de 2 a 6 anos. A ludoteca ofertará tamén diversos obradoiros para nenos e nenas de 6 a 12 anos. "Nos fins de semana também haverá atividades para pequen@s e grandes começando este mês de novembro con obradoiros para mais e pais", explican dende Semente.

Aínda que o idioma da Escola será o galego tamén contarán con material noutras idiomas. “Os cativos terán oportunidade de coñecer outras linguas porque teremos libros en catalán ou éuscaro, non pechamos as portas a visión internacional da lingua”, sinala Marcos Lopes, un dos promotores.

None

Lopes é membro da Gentalha do Pichel, centro social que apoia o traballo de  Semente. Máis información na web desta escola.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 58 comentarios

4 CranioF

Como xa puxen noutra ocasión, serálles moito máis útil, tanto aos responsables disto como aos propios nenos que esa "oportunidade de coñecer outras línguas" se dirixa ao inglés, que é o que queren os pais (polo menos os pais normais e non superpolitizados, claro). O catalán e o euskera non van a ningures en Galicia.

1 xanuco

pero con non mandares os teus fillos a esa escola xa se che acaba o teu problema. É unha escola privada, non é unha obriga ir, nin a vas financiar ti cos teus cartos, cal é o problema.

2 Manuel P.

¿Quen che dixo que non van ensinar en inglés? Ás veces a xente coma ti tan so busca sacarlle punta a todo proxecto encamiñado a potenciar o galego. Tedes metido na vosa pequena cacholiña que calquer acto a prol de normalizar o uso da nosa lingua e o seu fomento ten que ir sempre contra algo. Voltade ao mundo real, que xa vai sendo hora

3 Akribéstaton

Bom, para aprender inglês muito melhor partir do português que do castelhano. Bom, para aprender inglês e qualquer outra língua. É uma das eivas de ter só cinco fonemas vocálicos... O castelhano fecha portas.

3 León Gallego

Semente de intolerancia, semente de papanatismo, semente de antiespaña, semente de ignorancia, semente de radicalismo, semente de tribalismo, semente de acomplejados, semente de fascistas, semente de violencia, semente de independentismo....semente de NAZIONALISMO

1 Farto de Trols

semente de palhaço, vai dar a lata a outro sitio.

2 Manuel P.

Todo o que pos agás o termo de antiespaña substituido por antigalego reflexan o que ves no espello cada día cando te ergues da cama. Non queiras pasarnos os teus medo pobre infeliz, para tratar iso hai psicólogos, máis deberás aforrar bastante para tratar un delirio tan fondo e anormal.

3 leóns en galicia???

nacionalismo e con C non con Z, os que usaban o Z en nazi, eran amigos de Franco... curioso creo que a ti che vai máis ese tipo de nazionalismo...

4 leóns en galicia???

nacionalismo e con C non con Z, os que usaban o Z en nazi, eran amigos de Franco... curioso creo que a ti che vai máis ese tipo de nazionalismo...

5 Cholas

Si Léon, ti e os teus sementas todas esas cousas que dis e algunha mais coma a vergoña allea.

2 Ricardito

Parabens pola iniciativa, pero que lle muden o nome, por favor. Entre "o apalpador" e "a semente"... Hai que poñer nomes de árbores, de froitas, ou os clásicos, bolboretiña, picariños, galescola, ...

1 CranioF

A mín iso de "apalpador" para unha escola de nenos paréceme como.... Non sei, eu non mandaría a fillos meus a esa escola, por se acaso, je je je

2 Antón

Tranqui Cranio que non é un colexio de curas coma os que subvencionades.

1 Paulo

"Ladravam contra mim, que caminhava" Rosalia