O PP reprocha a Pedro Sánchez que "só se acorde de vir a Galicia para pedir o voto"

Asegura que o ex-conselleiro Guerra é un "destacado afiliado" do PP e espera que siga "nesta casa".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/03/2019 | Actualizada ás 15:35

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, reprochou este domingo ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, que "só se acorsw de vir a Galicia para pedir o voto", xa que, nos oito meses de Goberno "non veu nin unha soa vez".

O PPdeG ve con 'preocupación' que Otegi 'corteje' á portavoz do BNG para un
O PPdeG ve con 'preocupación' que Otegi 'corteje' á portavoz do BNG para un | Fonte: Europa Press

Así o sinalou Tellado nunha entrevista en Radio Nacional de España na que dixo que o presidente do Partido Popular, Pablo Casado, nese mesmo período realizou sete visitas a Galicia. "Quen visita este domingo Galicia é o candidato do PSOE á presidencia do Goberno, porque o presidente do Goberno non visitou Galicia porque a Comunidade sufriu discriminación clara do Executivo de Pedro Sánchez, como xa vimos no borrador dos Orzamentos Xerais do Estado", criticou Tellado

Ademais, o secretario xeral do PPdeG subliñou que oito meses de Goberno "foron suficientes" para prever que se seguise sendo presidente Sánchez "a Galicia non lle iría ben".

Neste sentido Tellado tamén reprochou ao líder socalistas a súa "estratexia de propaganda" de aprobar Decretos Lei "sen o apoio parlamentario nin orzamentario" co Executivo en funcións.

"Está a facer campaña desde o Consello de Ministros para que pareza que fai nunhas semanas o que non fixo en oito meses", sinalou, para afearlle ao presidente do Goberno que "demostrou que a súa prioridade non é España, nin sequera o PSOE, senón unicamente o propio Pedro Sánchez".

JAVIER GUERRA

Por outra banda, Miguel Tellado asegurou este domingo que o exconselleiro de Economía e Industria da Xunta de Galicia, Javier Guerra, é un "destacado afiliado" do Partido Popular e expresou o seu desexo de que "siga militando" na organización porque "esta é a súa casa desde hai 35 anos".

Así mesmo, reiterou que Guerra "segue sendo afiliado" do PP, e destacou os cargos "moi relevantes" que ostentou.

Estas palabras foron propiciadas por unha pregunta sobre Javier Guerra, mentres se manteñen as incógnitas sobre o seu suposto achegamento a Ciudadanos, tras informacións que aseguraban existir conversacións entre Guerra e a agrupación laranxa para ser o candidato pola provincia de Pontevedra para as eleccións xerais.

FEMINISMO

Noutra orde de cousas, Miguel Tellado subliñou que o PP "si asistiu" ás manifestacións celebradas o día 8 de marzo, pero "non subscribiu un manifesto que algunhas organizacións querían impor no que se falaba de todo menos de igualdade".

"O que fixemos é non subscribir ese manifesto co que non concordabamos pero si defender a reivindicación de fondo que é loitar por unha sociedade máis xusta e igualitaria", explicou.

Respecto ao ofrecemento do portavoz de En Marea, Luís Villares, ao BNG e ao PSdeG para concorrer xuntos ás eleccións do Senado, Tellado asegurou que Villares "trata de agochar leas internas".

"Quedan 15 días para presentar candidaturas e non saben con quen van ir, non saben que é o que defenden e non saben cales son as súas prioridades", criticou o secretario popular, quen engadiu que "isto mostra a desesperación dun Luís Villares ao que non queren nin os seus".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta