O galego volve ao centro do debate político

A sesión inclúe o debate dunha do BNG sobre Memoria Histórica e a comparecencia dos conselleiros de Sanidade e Cultura

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/03/2019 | Actualizada ás 18:55

Comparte esta noticia

O idioma galego volverá ao debate no pleno que o Parlamento de Galicia acollerá os días 12 e 13 marzo, xornadas nas que os grupos tamén abordarán iniciativas sobre a situación da sanidade pública galega e a igualdade tras a folga do 8 de marzo.

Campaña 'Gústame o galego'.
Campaña 'Gústame o galego'.

Despois de que o presidente do Partido Popular, Pablo Casado, expuxese unha lei para que o español sexa vehicular en escolas e administración, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, aproveitará a sesión de control para preguntarlle ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, sobre a súa posición respecto diso.

Así mesmo, o socialista Xoaquín Fernández Leiceaga tamén pedirá que a Xunta unha defensa "firme e contundente" do marco de "convivencia lingüística" de Galicia nun contexto no que "hai visións distintas sobre o que se debe facer cos idiomas propios desde forzas que operan xa en España". Todo iso, a través dunha pregunta na que abordará a necesidade de "revitalizar o autogoberno despois dunha década de parálise".

Pola súa banda, o portavoz de En Marea, Luís Villares, interpelará ao presidente da Xunta sobre a precariedade laboral, especialmente a que afecta a sectores feminizados, como o do telemarketing que, conforme sinalou, supón 10.000 postos de traballo en Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta