O comité de empresa de Alcoa Coruña reúnese este luns co Goberno en Madrid

O presidente do Comité de Empresa asegurou que desde Galicia "se realizou ben o traballo encargado", polo que está "á espera de saber" o que o Executivo de Pedro Sánchez exporá nesta nova reunión.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/03/2019 | Actualizada ás 08:38

Comparte esta noticia

O comité de empresa de Alcoa na Coruña acode este luns á reunión no Ministerio de Industria da mesa técnica estatal para buscar a saída da empresa a outro investidor.

O pasado sábado, o presidente do comité, Juan Carlos López Corbacho, pediu nunha rolda de prensa ao Goberno "unidade de acción", así como "axilidade e contundencia" para "dar solución" á situación da planta coruñesa da multinacional produtora de aluminio.

Neste sentido, asegurou que desde Galicia "se realizou ben o traballo encargado", polo que Corbacho mostrouse "á espera de saber" o que o Executivo de Pedro Sánchez exporá este luns.

Así, subliñou que o problema de Alcoa non se pode converter nun escenario "hipócrita" por estar xa nun "escenario electoral". "Temos o apoio do Parlamento galego e asturiano, así como do Congreso e do Senado, e de todos os partidos políticos a nivel estatal", indicou.

Traballadores de Alcoa
Traballadores de Alcoa | Fonte: Arquivo Galicia Confidencial

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta