Ourense e Ferrol viven "un desequilibrio territorial que se fai crónico e case irreversible" Inmobiliarias avisan de que as áreas de Ourense e Ferrol concentran a maior taxa de vivendas baleiras

Así o acredita un informe da Federación Galega de Empresas Inmobiliarias (Fegein).

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/03/2019 | Actualizada ás 11:50

Comparte esta noticia

A Federación Galega de Empresas Inmobiliarias (Fegein) avisa de que as áreas de Ourense e Ferrol concentran a maior taxa de vivendas baleiras na Comunidade galega. Nun informe feito público este luns, Fegein identifica unha Galicia "de dúas velocidades entre o urbano e o rural", pero tamén constata "o desequilibrio territorial entre áreas urbanas".

De tal forma, as áreas urbanas da Coruña xunto a Pontevedra-Vigo aglutinan "máis do 70 por cento" das operacións de compravenda e arrendamento de vivenda, ademais de "a maioría da viabilidade económica, social e demográfica".

Tras elas atópanse as de Santiago e Lugo, "con perspectivas positivas pero sen o pulo" das outras dúas zonas, apuntan estas inmobiliarias.

E na peor situación están Ourense e Ferrol, que viven "un desequilibrio territorial que se fai crónico e case irreversible". "cunha gran debilidade demográfica e económica que lles fai perder o tren dun futuro competitivo e atractivo inversionista". Unha situación que achaca a "a falta de compromiso e planificación económica das diferentes administracións local, autonómica e estatal".

Inmobiliaria en Cambados (Pontevedra)
Inmobiliaria en Cambados (Pontevedra)

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta