Martiño Noriega manterá o equilibrio de forzas e avanza unha lista de "gran continuidade"

Non estará o actual concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios Diz, por decisión propia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/03/2019 | Actualizada ás 14:20

Comparte esta noticia

O alcalde de Santiago de Compostela, Martiño Noriega, avanzou a súa proposta de lista para concorrer ao proceso de primarias de Compostela Aberta, a cal cualificou de "unitaria" e destacou que supón unha "gran continuidade" do equipo actual de goberno, a pesar de que non estará nela o actual concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios Diz, por decisión do propio Dios.

Segundo sinalou este luns en rolda de prensa Noriega, quen non quixo adiantar o contido da súa lista ata que sexa validada na reunión que se celebrará esta mesma noite, a súa lista é "representativa de todo o espazo" e pretende "reeditar o Goberno da cidade e liderar unha nova etapa". Así, destacou que a pesar da "gran continuidade para pechar o ciclo" tamén conta con "novas incorporación".

"Hai unha importante aposta por pechar o ciclo, de continuidade, é a aposta que imos facer", indicou o rexedor santiagués, quen, por "respecto" a outras persoas que se poidan presentar individualmente, non deu máis detalles dos nomes que a integran.

Así mesmo, explicou que unha vez as listas presentadas estean validadas, a cidadanía, "dado que son unhas primarias abertas", poderá anotarse se quere participar, así como "dar a súa opinión sobre a lista, a orde e as persoas".

MANUEL DIOS

Pola súa banda, Manuel Dios Diz despediuse este luns ante a prensa e mostrou o seu agradecemento por formar parte do Goberno local de Santiago. Neste sentido, sinalou que a pesar de que, aínda que el defendeu que os rexedores locais deberían limitar o seu mandato ata o oito anos, decidiu só estar catro. "Non quero cumprir 70 anos estando en política", chanceou.

PRIMARIAS

Así as cousas, Compostela Aberta celebrará primarias "abertas" á cidadanía de Santiago na última semana de marzo. O prazo de inscrición de candidaturas pechou este domingo. Esta semana coñecerase a relación de candidatos e este venres, 15 de marzo, pecharase o censo para ter dereito a voto.

Tras a campaña electoral, as votacións produciranse entre o 22 e o 24 de marzo. As resultados provisións serán publicados o 25 e, tres días máis tarde, Compostela Aberta anunciará as candidaturas definitivas ás eleccións municipais de maio.

O alclade de Santiago, Martiño Noriega, en rolda de prensa. EUROPA PRESS - Arquivo
O alclade de Santiago, Martiño Noriega, en rolda de prensa. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta