Constituido o Consello Local de Igualdade polo Concello da Coruña

O alcalde herculino, Xulio Ferreiro, asegurou que este Consello é "unha ferramenta que nace para consolidar a transversalidade das políticas de xénero que levan a cabo no municipio".

Por E.P. | A CORUÑA | 11/03/2019 | Actualizada ás 18:55

Comparte esta noticia

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, acompañado da concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, presidiron este luns a constitución do Consello Local de Igualdade. Este ente consultivo nace para abordar, debater e traballar, xunto ás entidades sociais do ámbito das igualdades e as diversidades afectivo-sexuais, propostas destinadas a ampliar as políticas de igualdade no concello coruñés.

O alcalde herculino, Xulio Ferreiro, asegurou que este Consello é "unha ferramenta que nace para consolidar a transversalidade das políticas de xénero que levan a cabo no municipio".

O primeiro labor do novo órgano consultivo, do que forman parte 33 entidades sociais, así como representantes de todos os grupos da Corporación municipal, será, segundo avanzou Rocío Fraga, o debate sobre o desenvolvemento da ordenanza municipal de Igualdade de Xénero.

O Concello da Coruña constitúe o Consello Local de Igualdade. CONCELLO DA CORUÑA
O Concello da Coruña constitúe o Consello Local de Igualdade. CONCELLO DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta