Anova, Esquerda Unida e Podemos deslíganse definitivamente de En Marea

Avanzan nas súas negociacións para conformar unha nova coalición na que Podemos quere mandar nas listas.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 11/03/2019 | Actualizada ás 20:33

Comparte esta noticia

As direccións de Anova, Esquerda Unida e Podemos Galicia intensificaron nos últimos días as súas negociacións para a configuración da súa coalición electoral para as xerais do próximo 28 de abril ás que concorrerán á marxe de En Marea, que se presenta á cita coas urnas en solitario.

Yolanda Díaz (EU), Xosé Manuel Beiras (Anova) e Pablo Iglesias (Podemos)
Yolanda Díaz (EU), Xosé Manuel Beiras (Anova) e Pablo Iglesias (Podemos) | Fonte: Europa Press.

Malia as chamadas á unidade efectuadas na última semana —os últimos en facelo eran Yolanda Díaz e o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro—, ambos os bandos seguen coa súa folla de ruta, que implica que o próximo 28 de abril a denominada unidade popular chegará ás urnas divida en dúas candidaturas diferenciadas.

Así, mentres desde esta semana En Marea xa contará con listas oficiais para as Cortes, o Senado e as eleccións europeas —os resultados das primarias celebradas esta fin de semana deberían coñecerse este luns—, os actores do sector crítico continúan coas conversas para a configuración do seu proxecto coa vista posta no vindeiro venres 15 de marzo, día no que conclúe o prazo para rexistrar coalicións electorais.

Deste xeito, segundo fontes do sector crítico, as negociacións céntranse nestes instantes na repartición de postos de saída por cada provincia. O número un pola Coruña parece decantado ao lado do líder de Podemos Galicia, Antón Gómez-Reino, quen xa ocupou ese lugar na lista da coalición En Marea nas xerais celebradas en 2015 e 2016.

Naqueles comicios, o primeiro posto por Pontevedra ao Congreso foi para Anova-Irmandade Nacionalista, quen colocou nese lugar a Alexandra Fernández. A parlamentaria, enfrontada aos seus compañeiros nas Cortes e ao seu propio partido, anunciou que abandonaba a primeira liña, descartando así a oferta do partido instrumental que lidera Villares para converterse na referencia da súa candidatura ás xerais.

Así as cousas, Anova non renuncia a que un dos seus militantes ocupe a cabeza da lista pola provincia pontevedresa, aínda que en Podemos consideran que a mellor baza para a circunscrición é a súa inscrita Ángela Rodríguez 'Pam', parlamentaria durante a última lexislatura tras ser electa, precisamente, como número dous da coalición por Pontevedra.

MARCA SEN DECIDIR

Deste xeito, fontes consultadas apuntan que a marca electoral da coalición aínda non está pechada. Un nome que os actores do sector crítico de En Marea pretenden estender a outros procesos, como as inminentes eleccións municipais.

Por esta razón, a articulación dunha marca paraugas para aumentar o peso das candidaturas municipalistas nas deputacións, a opinión das principais mareas —Compostela Aberta e Marea Atlántica— tamén está a ser tida en conta para a elección do nome da coalición para as xerais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

6 lóstrego

O fracaso ben seguro que non o ides partillar.

5 Gamela

Pam-plinas é o que imos votar en Pontevedra ?

4 Fran Romay

O BNG soltou lastres en Amio. Un dos lastres meteu no barco aos catro frikis da FPG que non aportan un voto e agora xuntiños os 10 gatos fan de "tontos útiles" de Podemos/IU. O outro lastre acabou sendo un BNG bis, aínda que sen a caspa M-L xa caducada onde vai da UPG. Descontando a unha secta chamada CxG, xa temos 3 candidaturas, 3, e ningunha vai pintar nada en Madrid. Queren que aplaudamos?

1 O que queda do BNG

Soltariades moito "lastre" en Amio, pero levades desde aquela sen parar de choromicar. É evidente, vendo os "comentarios" que facedes neste e noutros medios nos últimos 7 anos, que o trauma post-Amio non o dades superado nin o ides superar nunca.

3 Sentidiño

Pam era a que chamaba, en español por suposto, "p.coja" á xefa de Podemos en Galicia? Pois si, penso que é a mellor opción por Pontevedra... así o cuarto escano vai ao bloque, quinto e sétimo ao pp, sexto ao psoe...

1 Bernal Calvo Delaciga

Un escano para o Bloque?? Cóntanos outro chiste!! XDDDDDDDDDD

2 Loisc

Pois eu tamén cambiarei e votarei ao Bloque. Paso de vós e os vosos caeguiños. O que criticabades é o que facedes. Pisar moqueta como sexa! Ata valorades que Iolanda vai con Podemos en Madrid. Ver-gon -za

2 A come-lo caldo

"as negociacións céntranse nestes instantes na repartición de postos de saída por cada provincia." Loita dura pola verdura. Non busquedes máis