Marea Atlántica e Compostela Aberta non participarán "activamente" nas Xerais se non hai "unidade"

Podemos, IU e Anova levan tempo traballando para sacar unha nova coalición tras as diferenzas xurdidas con En Marea.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/03/2019 | Actualizada ás 12:17

Comparte esta noticia

Marea Atlántica súmase a Compostela Aberta e anuncia que se absterá de participar "activamente" na campaña das eleccións xerais do próximo 28 de abril no caso de que non se produza a "unidade" de "todo" o espazo político.

Así o dixo o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, tras facer un novo chamamento a En Marea para "sumarse" á coalición na que avanzan Anova, Esquerda Unida e Podemos para os comicios, sabedor de que a división xa está consumada.

Martiño Noriega e Xulio Ferreiro
Martiño Noriega e Xulio Ferreiro

Ferreiro repite case o mesmo que dixo Martiño Noriega este luns, asegurando que Compostela Aberta, como organización, "manterase á marxe" do proceso das eleccións xerais e deixará liberdade aos seus integrantes "para participar onde alí consideren". "Compostela Aberta está á marxe do debate e da situación que se está dando a nivel galego", dicía en referencia ás negociacións entre Podemos, Esquerda Unida e Anova coa En Marea de Luís Villares para concorrer xuntos ás eleccións.

Preguntado polas negociacións para conformar unha candidatura nova, á marxe de En Marea, que levaría o nome de Galicia en Común, Ferreiro afirmou descoñecer a situación actual, xa que el non está a participar nelas. "Sei máis ou menos o mesmo que sabedes vós, que se está avanzando nesas negociacións para ter unha coalición entre os dous partidos", indicou aos xornalistas.

En declaracións aos medios de comunicación este martes nun acto na Coruña, insistiu en que, na súa opinión, "o máis positivo para todos" sería lograr "unha candidatura completa" de "todo" o espazo político.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

1 Xanc

Non teñen vergonza. Nas súas cidades non permiten coalicións, para Galicia válelle. Crean unha Mesa pola Confluencia para gañar e sacar do medio a Villares. Sae mal e marchan. Agora non se pronuncian porque saben que a división sácaos do poleiro. En fin... O meu voto para o BNG, paso xa de chupiguais

1 lóstrego

A compostela aberta e a marea atlántica tamén son coalicións de partidos. De feito, son os tres partidiños de marras os que se reparten os postos nas listas O que pasa que o fan de farol, usando marcas chachis.

2 Claro claro

a lóstrego: pois na Coruña, onde segundo ti hai unha coalición, pasa unha cousa ben curiosa: de 10 persoas no concello unicamente 2 son deses partidos. Podemos nin ten representación e o resto son independentes. Pero vamos, para que romper os "mantras"

3 Bloqueiro bloqueado

Moi ben Xanc, o teu voto para unha candidatura que non ten opcións. O teu voto para o lixo. Xusto o que quere La Vox de Galicia: http://www.galiciaconfidencial.com/...

4 Picapedra

O BNG non vai sacar nada (pola Coruña e Pontevedra as posibilidades son ridículas, en Lugo e Ourense nulas). En Marea, indo sós, tampouco. E Unidas Podemos, con En Marea podían ser 2 ou 3 (sendo moi optimistas, pois a moda de Podemos xa pasou), ficaran sen representante. Logo, amiguiños dos partidos, entre todos matastes a galiña querendo colocar os vosos protexidos sobre os o ovos de ouro.

5 Sentidiño

Os medios que non dan opcións ao bloque son os mesmos que están a aupar a ciudadanos e vox, así que eu non me fiaría moito. Se Villares vai por un lado e os de Podemos por outro, o voto con vontade soberanista fica ben claro.