Feijóo insta os autores das pintadas na Catedral a "reivindicar no futuro un cerebro mellor amoblado"

O presidente da Xunta publica unha mensaxe de condena na que cualifica de "auténtica vergoña" as pintadas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/03/2019 | Actualizada ás 17:54

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, emitiu a través da súa conta de Twitter unha mensaxe de condena polas cinco pintadas coas que amenceu este martes a Catedral de Santiago, as cales tachou de "auténtica vergoña".

Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta, no Consello. XUNTA
Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta, no Consello. XUNTA | Fonte: Europa Press

Ademais, pediu que "todo o peso da lei caia sobre os seus responsables" e, utilizando un ton irónico, desexou para os autores do acto vandálico "que a parte do seu corpo que poidan reivindicar no futuro sexa un cerebro mellor amoblado". E é que unha das pintadas, a que dá cara á Praza do Obradoiro, di: 'Eu non saín da túa costela, ti saíches da miña cona!'.

Os responsables poderíanse enfrontar, segundo a normativa do patrimonio, a multas de entre 6.000 e 150.000 euros.

Pola súa banda, o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, reiterou durante a súa comparecencia no Parlamento de Galicia a condena ao que cualificou de "atentado patrimonial". Fíxoo durante a tarde deste martes no hemiciclo, despois de que pola mañá xa visitase as pintadas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta