Indignación social e polémica sobre a autoría das pintadas na Catedral de Santiago e o dano ao feminismo

Miles de chíos en Twitter converten o templo e o acto vandálico en tendencia nesta rede social. A xente discute sobre a autoría e finalidade deste acto: os que cren que foron feministas radicais e os que pensan que detrás pode estar a ultradereita para favorecer a mensaxe de Vox contra o feminismo.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 12/03/2019 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

A Catedral de Santiago converteuse en tendencia en Twitter en España (un dos temas máis comentados nesta rede social), pero por un acto vandálico: cinco pintadas reivindicativas en castelán, en distintas zonas das súas fachadas, nas que se poden ler mensaxes como  'Guillotina Borbón', 'Yo no salí de tu costilla, tú saliste de mi coño' y 'Gritaremos hasta quedarnos sin Vox'.

Pintadas na Catedral
Pintadas na Catedral | Fonte: EFE

A enorme repercusión mediática que acadou este acto vandálico derivou nunha masiva expresión de indignación social nas redes sociais, onde hai comentarios para todos os gustos, desde os que tentan seguir estigmatizando o movemento feminista, os que desmarcan estas pintadas do movemento, os que tentan desligar este feito do feminismo galeguista —xa que se trata de mensaxes en castelán—, os que pensan que os autores lle están facendo a campaña a Vox (partido de ultradereita), os que cren que mesmo é un acto da ultradereita para favorecer o discurso antifeminista de Vox, ou os que simplemente cualifican os autores como "ignorantes" ou "delincuentes".

Esta é unha escolma desa avalancha de mensaxes (as sete e media do serán eran case 10.600 as mensaxes publicadas en Twitter sobre a Catedral de Santiago):

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta