O IPC sobe un 0,2% en febreiro en Galicia

O encarecemento das gasolinas e de legumes e hortalizas está detras desta suba.

Por E.P. | A CORUÑA | 13/03/2019 | Actualizada ás 10:17

Comparte esta noticia

O Índice de Prezos de Consumo (IPC) subiu un 0,2% en febreiro en Galicia en relación ao mes anterior e elevou dúas décimas a súa taxa interanual, ata o 1%, segundo os datos definitivos publicados este mércores polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

A nivel estatal, o IPC subiu un 0,2% en febreiro en relación ao mes anterior e elevou unha décima a súa taxa interanual, ata o 1,1%. Estatística atribuíu o repunte da taxa interanual do IPC de febreiro ao encarecemento das gasolinas e de determinados alimentos, como os legumes e hortalizas.

Mentres, a taxa interanual aumenta en 10 comunidades autónomas en febreiro respecto de xaneiro, mantense en seis e diminúe nunha. Os maiores incrementos prodúcense Castela-A Mancha, Comunidade Foral de Navarra e País Vasco, cunha suba de tres décimas en todas elas. Pola súa banda, só descende en Canarias, tres décimas.

AV.- O IPC sobe un 0,2% en febreiro en Galicia
AV.- O IPC sobe un 0,2% en febreiro en Galicia | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta